estadísticas
eltiempoentuojete
IX Liga de Primaveira
Presentamos as estadísticas correspondentes á 9ª edición da Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 10 xornadas desputadas nesta 9ª edición.
Resumo en cifras
Comparativas
A comparativa co ano anterior amosa un descenso considerable na media de temperatura máxima, dende os 29º C. do ano 2021 ata os 17º C. nesta edición. A mínima tamén estivo 11º C por baixo da marca de 2021. A cantidade de chuvia recollida foi similar, incluso na cantidade de días. A media de refacho tamén foi un chisco menor o do ano pasado, menos de 2 km/h inferior.
No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, a 9ª edición é unha das máis baixas na media de temperatura máxima dos derradeiros anos de competición. A media de temperatura mínima tamén é das máis baixas das rexistradas en primaveira. A chuvia é moi similar os anos de chuvia media, mentras o refacho de vento está entre as maiores, quedando como a segunda marca histórica con maior media de refacho.
Xogadores máis completos
Botikas, coma líder, foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 89% dos puntos en liza nesta edición. Case dous puntos por baixo atinaron Mina e Verducido. Un pouco por baixo están Sarabia e Lukas, por riba do 87%.
Mellores en temperatura
O mellor predictor de temperatura nesta 9ª edición foi Sarabia, con máis 90% de acerto. Por baixo atopamos a Beocha e Julio, a rentes do 89%. Verducido ven a seguir e Botikas supera o 87% de acerto en temperaturas.
Mellores en pluviosidade
O acerto en pluviosidade foi de Lukas dende o principio ata o fin da 9ª edición. Por outra banda presenta a maior diferenza co resto de participantes, cun 2% de distancia. Botikas acada máis do 90%, mentras Marius e Mina presentan valores do 89,5%. Iago, Lume e Xowi quedan por baixo desa cifra, cun 89% de acerto en pluviosidade.
Mellores en vento
Botikas presenta os mellores resultados en predicción do refacho de vento, cun 90% de acerto. Mina acada o 89%. Landrán, Modesto e Sarabia superan o 88% de acerto.
Vitorias
Medias de puntuación
Botikas chega ata os 53,60 puntos por xornada, o que significa case 1 punto máis que Verducido e Mina. Tamén superan os 52 puntos Sarabia, Beocha e Marius.