estadísticas

eltiempoentuojete

IX Torneo de Vran. Brahmaputra

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente á 9ª edición do Torneo de Vran de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 5 xornadas desputadas nesta edición.

Resumo en cifras

Comparativas

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, a 8ª edición está na zona central da táboa das medias de temperatura máxima nestes anos de competición. A media de temperatura mínima entra dentro das temperaturas altas normais, igualando os datos de Perú. A chuvia é con moito, superior a calqueira dos anos de competición, cuadruplicando os valores máis altos. A media do refacho de vento está entre as máis baixas entre as marcas históricas, apenas superando os 20 km/h.

Xornadas

Datos dos participantes

Landrán foi o destacado vencedor nesta edición, con Verducido e Popolo completando o podio.

Sarabia acadou a maior cantidade de vitorias, con dúas sobre as 5 etapas desputadas.

O mellor predictor de temperatura nesta 9ª edición foi Verducido, con un 93% de acerto.  Por baixo atopamos a Botikas cun 92% e Beocha cun 91%. Landrán, medalla de ouro ven a seguir cun 89% e Kaltxon acada o 87% de acerto en temperaturas.

Landrán foi o mellor en predicción de chuvia cun 60% de acerto, un dos máis baixos nunca rexistrados. Popolo ten un 53%. O resto non acada o 50% de acerto.

O acerto no refacho de vento ven comandado por Beocha e Oscar cun 95%, seguidos por Compoñente Sur, Lume e Verducido cun 94%.