estadísticas

eltiempoentuojete

IX Liga de Primaveira / maio 2022

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de maio na 9ª edición da Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 5 xornadas desputadas en Ontario este mes.

Maio en cifras

A comparativa co ano anterior amosa un descenso considerable na media de temperatura máxima, dende os 30º C. do ano 2021 ata os 17º C. nesta edición. A mínima tamén foi inferior, consecuente coa zona de xogo. A cantidade de chuvia recollida foi superior, pero no 2021 os días de chuvia foron 2, en comparación con 1 deste 2022. A media de refacho chegou ata os 34 km/h., un pouco por baixo do ano pasado.

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, maio de 2022 marca o segundo dato máis baixo en temperatura máxima de tódolos anos de competición. A media de temperatura mínima e a menor en primaveira nunca acadada. A chuvia é moi similar o ano pasado, a terceira marca máis alta. O refacho de vento está na onda da gama media de refachos, facendo o terceiro valor máis alto dunha primaveira.

O xogador máis completo

Landrán foio xogador máis completo no que predicción xeral se refire, ainda que pesa sobre él unha penalización en Windsor. Acadou case o 89% de acerto en maio. Case dous puntos por baixo atinou Mina. Un chisco menos fai Botikas, preto do 87%. Por baixo atopamos a Marius e Julio, tamén penalizado.

Polo lado da vergoña, Balboa ten un acerto pírrico de pouco máis do 76%. Por riba do 79% está Denodeno, seguido de Popolo, Rasta76 e Kaltxon.

O mellor en temperatura

O mellor predictor de temperatura no mes de xaneiro foi o penalizado Landrán, cun impresionante 90% de acerto. Co 88% aparece Sarabia. Aki chega ó 87%, Verducido un 86% e cun 85%, Beocha, Julio e Mina.

Polo lado amargo, Denodeno encabeza a lista dos piores en temperatura cun miserable 67% de acerto. 71% aportan Oscar e Rasta76. Chegan ata o 74% Balboa, Jose Lopez e Kaltxon.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por Lukas, cun 89% de acerto sobre os 20 litros recollidos. Botikas acada un 85%. Marius e Xowi achegan un 84% mentras Iago, Julio, Landrán, Lume e Mina comparten un 83% de acerto.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca Balboa, cun 64% de puntos acadados. Michi e Popolo non superan o 71% e Sarabia e Iru superan o 73% de acerto.

O mellor en vento

No que atingue ós refachos de vento tres competidores compartillan a mellor marca. Landrán, Lume e Punteiro amosan un 94% de acerto, cifras impresionantes. Co 93% Michi e Mina tamén destacan neste parámetro.

Os piores discípulos de Eolo en maio están liderados por Budainca, Kaltxon e Nanuq, cun 84% de acerto. Pouco máis achegan Compoñente Sur e Lukas cun 86% de puntos acadados.

Vitorias

Medias de puntuación

Mina acadou unha media por etapa de 52,2 puntos. Botikas chega ata os 52 puntos por xornada, o que significa 0,2 puntos menos que Mina. Marius ten unha media de 51,8 puntos por etapa. Landrán e Verducido acadaron unha media de 51,2 puntos por xornada.

Mal mes para Popolo e Rasta76, que apenas superan os 45 puntos por xornada. Pouco máis fixo Kaltxon, preto do 46 puntos que sí acada Balboa. Denodeno está por riba dos 47 puntos por etapa.