estadísticas

eltiempoentuojete

VIII Liga da Inverneira / marzo

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de marzo na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 3 xornadas desputadas este mes.

Marzo en cifras

A comparativa co ano anterior amosa un aumento considerable na media de temperatura máxima, dende os 11,7º C. do ano 2021 ata os 14º C. nesta edición. A mínima tamén foi superior, dende os 2,3 do 2021 ata os 4,7 na presente edición. A cantidade de chuvia recollida foi superior, pero no 2021 non houbo días de chuvia, en comparación con 1 deste 2022. A media de refacho está dez kilómetros por baixo de media co ano pasado.

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, marzo de 2022 está entre os meses máis cálidos dos derradeiros anos en temperatura máxima. As temperaturas mínimas están na media de anteriores edicións. A chuvia é maior que o ano pasado, pero por baixo da media. O refacho de vento acada o seu valor máis baixo das edicións desputadas, botando por terra as típicas ventadas de marzo.

O xogador máis completo

Lume foio xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 91% dos 180 puntos en liza en marzo. Case un punto por baixo atinou Modesto. Medio punto menos fai Juanito Caminante, no 90%, que comparte con Michi, Compoñente Sur e Verducido.

Polo lado da vergoña, Coe ten un acerto pírrico de menos do 76%. Dous puntos máis aporta Balboa. Popolo, Ocandepavlov e Kalandrakas apenas superan o 80% de acerto.

O mellor en temperatura

Os mellores predictores de temperatura no mes de marzo foron Kaltxon, M.B. Joaquín e Mina, cun 90% de acerto. Con máis do 88% aparecen Aki e Compoñente Sur

Polo lado amargo, Coe encabeza a lista dos piores en temperatura cun miserable 60% de acerto. 70% aporta Kalandrakas, un punto por baixo de Landrán. Bar Pequeno e Denodeno sobrepasan o 75%.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por dous grupos. O primeiro supera o 98% de acerto e nel atopamos a Bar Pequeno, Iago, Juanito Caminante e Michi. O segundo grupo está preto do 97% de acerto e conta con Belenchis, Budainca, Kalandrakas, Lume, Modesto, Verducido e Zalamera. Moit@s destes competidores adoitan estar na táboa de piores porcentaxes.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca Balboa, cun 75% de puntos acadados. Popolo e Coe apenas superan o 80% e Marius, Ocandepavlov e Punteiro chegan ata un 85% de acerto.

O mellor en vento

O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Botikas, con máis do 93% de puntos recollidos. Michi case chega ata o 92%. Un grupo numeroso integrado por Juanito Caminante, Kaltxon, Landrán, Lume, Oscar, Sarabia e Víbora acadan un 90% de acerto.

Os piores discípulos de Eolo en marzo están liderados por Ocandepavlov e Popolo, por baixo do 80% que sí acadan Aki, Balboa e Nanuq.

Vitorias

Medias de puntuación

Lume acadou unha media por etapa de 54,67 puntos. Modesto supera os 54 puntos por xornada, no que quedan Compoñente Sur, Juanito Caminante, Michi e Verducido.

Mal mes para Bar Pequeno, que apenas superou os 44 puntos por xornada. Pouco máis de 45 puntos sumou Coe mentras Balboa. Denodeno e Popolo oscilan entre os 47 e os 48 puntos.