estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Liga da Inverneira
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente á 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 26 xornadas desputadas nesta edición.
Resumo en cifras
Comparativas
A comparativa co ano anterior amosa un aumento considerable na media de temperatura máxima, dende os 11º C. do ano 2021 ata os 13º C. nesta edición. A mínima tamén estivo 1º C por riba da marca de 2021. A cantidade de chuvia recollida foi inferior, e no 2021 os días de chuvia foron 14, en comparación cos 12 deste 2022. A media de refacho tamén foi menor o do ano pasado, máis de 10 km/h inferior.
No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, a 8ª edició supera con amplitude a media de temperatura máxima dos derradeiros anos de competición, achegándose máis ós rexistros das primeiras edicións. A media de temperatura mínima entra dentro do normal, ainda que superior o do ano pasado. A chuvia é moi similar os anos de chuvia media, ainda que en descenso con respecto ós dous anteriores. O refacho de vento está na onda do normal, pero queda como a segunda marca histórica con menor media de refacho.
Xogadores máis completos
Verducido, coma líder, foio xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 88% dos puntos en liza nesta edición. Máis dun punto por baixo atinou Beocha. Un pouco por baixo está Botikas, por riba do 87%. Por baixo do 87% de acerto atopamos a Xowi e Julio.
Mellores en temperatura
O mellor predictor de temperatura nesta 8ª edición foi Verducido, con máis 89% de acerto. Terceiro ano consecutivo facendo a mellor marca. Por baixo atopamos a Beocha e Xowi, a rentes do 89%. Botikas ven a seguir e Kaltxon tamén supera o 88% de acerto en temperaturas.
Mellores en pluviosidade
O acerto en pluviosidade foi de Juanito Caminante dende o principio ata o fin da 8ª edición. É a 4ª edición na que se chega ó 90% de acerto. Resultado semellante á 4ª edición, con similar cantidade de auga e acerto. Por outra banda presenta a maior diferenza co resto de participantes, cun 3,85% de distancia, cando a maior ata a data era de 1,48% na 1ª edición. Nanuq acada máis do 86%, mentras Aki e Verducido presentan valores superiores ó 85%. Beocha queda por baixo desa cifra, cun 84,81% de acerto en pluviosidade.
Mellores en vento
Julio, Verducido e Botikas presentan os mellores resultados en predicción do refacho de vento, con preto do 90% de acerto. Cuarta edición consecutiva na que Botikas acada a mellor marca, o que o acredita coma principal predictor de refacho en Galicia nos derradeiros tempos. Modesto, con menos percorrido, acada o 89,23% e repite a posición do ano pasado, polo que supón unha aposta de futuro neste parámetro. Xowi volve aparecer neste top de vento tras uns anos de calidade mediocre e supera o 89% de acerto.
Vitorias
Medias de puntuación
Verducido chega ata os 52,96 puntos por xornada, o que significa 1/2 punto máis que Beocha. Tamén superan os 52 puntos Botikas, Julio, Xowi e Juanito Caminante. Ás portas dos 52 quedan Nanuq e Aki. No rango dos 51 puntos e medio quedan Modesto e Sarabia.