estadísticas

eltiempoentuojete

IX Liga da Primaveira / xuño

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de xuño na 9ª edición da Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 2 xornadas desputadas este mes.

Xuño en cifras

A comparativa co ano anterior amosa un descenso considerable na media de temperatura máxima, dende os 33º C. do ano 2021 ata os 11º C. nesta edición. A mínima tamén foi inferior, dende os 25º C. ata os 11º C. en Ontario. A cantidade de chuvia recollida foi menor, cos mesmos días de chuvia. A media de refacho sí reflicte un descenso acusado na media de xuño

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, xuño sitúase na gama media de temperaturas máximas en xuño. Mesmo caso para as temperaturas mínimas, na 4ª praza dos históricos. O mesmo lugar ocupa a chuvia recollida en Ontario neste mes de xuño. No que afecta ós refachos de vento, están entre a gama baixa con respecto a anteriores edicións.

O xogador máis completo

Bar Pequeno foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 92% dos 120 puntos en liza en xaneiro. Case un punto por baixo atinaron  Botikas, Denodeno, Iago, Kaltxon e Rasta76.

Polo lado da vergoña, Oscar ten un acerto do 84%. Un punto máis aportan Iru e Jose Lopez. Preto do 86% amosan Balboa, Landrán, Lume, Popolo e Xowi.

O mellor en temperatura

O mellor predictor de temperatura no mes de xaneiro foi Aki, cun impresionante 97,5% de acerto. Co 95% aparecen Beocha, Iago, Modesto e Nanuq

Polo lado amargo, Iru e Xowi encabezan a lista dos piores en temperatura cun 82% de acerto. 85% aportan Compoñente Sur, Jose Lopez, Landrán e Lume.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por Breogán77, Denodeno e Rasta76, cun 100% de acerto sobre os 3 litros recollidos, unha das mellores marcas históricas. Con máis dun 97%, tamén entre a élite, Bar Pequeno, Botikas, Iago, Kaltxon, Lukas, Marius e Mina.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca Budainca, cun 87% de puntos acadados. Jose Lopez, Popolo, Punteiro e Iru non superan o 90%.

O mellor en vento

O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Bar Pequeno e Denodeno, cun impresionante 87,5% de puntos recollidos. Botikas marca un 85% mentras con máis do 82% atopamos a Aki, Budainca, Julio, Lukas, Marius, Michi e Punteiro.

Os piores discípulos de Eolo en xaneiro están liderados por Oscar, cun 70% de acerto. Por baixo do 80% están Balboa e Lume. Pouco máis achegan Beocha, Compoñente Sur, Jose Lopez, Landrán, Modesto, Nanuq, Popolo, Verducido, Víbora e Xowi.

Vitorias

Medias de puntuación

Bar Pequeno acadou unha media por etapa de 55,5 puntos. Ata os 55 puntos chegaron Botikas, Denodeno, Iago, Kaltxon e Rasta76.

Mal mes para Coe, que non supera os 26 puntos por xornada. Pouco máis de 45 puntos sumou Oscar. Balboa, Landrán e Popolo fan 46,5 por xornada.