
estadísticas
eltiempoentuojete
Informe: Vento na Inverneira
Presentamos unha serie de datos que dan conta da ocurrencia de refachos de vento, avalados polos máximos rexistros, acerto e vitorias por tipo de vento e media de puntos segundo a sua intensidade.
Debes ter en conta que nestas gráficas somentes aparecen competidores en activo nesta edición da Liga da Inverneira.
Os refachos estan divididos entre:
- Frouxo, por baixo dos 20 km/h.
- Moderado, ata 40 km/h.
- Forte, ata 70 km/h.
- Moi forte, ata 120 km/h.
- Furacanado, por riba dos 120 km/h.
O Vento na Liga da Inverneira
Despóis de preto de 200 etapas desputadas na Liga da Inverneira de Galicia podemos dicir que o noso país ten refachos na súa maioría de intensidade Forte, isto é, entre 40 e 70 km/h. Case 4 de cada 10 etapas están nesta franxa de intensidade. Con máis do 30% dos refachos aparecen os ventos Moderados. Hai máis ventos de carácter Moi Forte que Frouxo, mentras os Furacanados son unha pequena minoría.
Acerto con vento inferior a 40 km/h.
O maior porcetaxe de acerto o refacho é inferior a 40 km/h. é a de Marius, por riba do 90%, seguido de preto por Punteiro, Verducido, Beocha e Modestocon máis do 88%.
En canto ás vitorias, Lume e Verducido suman 11 vitorias cando o vento non supera os 40 km/h.. Lukas ten 8 e Mina, Beocha, Michi, Punteiro e Xowi suman 7.
Acerto con vento superior a 40 km/h.
Cando o vento supera os 40 km/h. a maior porcentaxe de acerto é de Modesto, preto do 85% de acerto. Verducido supera o 84%. Marius, Beocha e Punteiro teñen porcentaxes menores, pero por riba do 82%.
As etapas con vento superior a 40 km/h. son propicias para un meteoludópata: Punteiro con 9 trofeos. Balboa, Beocha, Verducido e Xowi chegan ás 8 vitorias.
Refachos en Decembro
O mes de decembro supera a media anual de refachos de carácter Forte. A segunda forza segue a ser o Moderado, mentras os Frouxos e Moi Fortes devalúanse en favor dos Furacanados, neste mes un 3% do total.
Lardeira ten o máximo refacho recollido na Liga da Inverneira na súa historia. Pero fai un par de tempadas movéuse cara o mes de Febreiro, polo que a súa ameaza terá que agardar un pouco. A que si permanece no mes de Decembro é a estación de Ventosa, con duas aparicións no Top-10 neste mes. O Xipro e a Serra do Eixo rondan os 100 km/h. Marroxo, pola parte baixa, acumula 4 dos rexistros máximos de Decembro.
Medias de puntuación
A mellor puntuación media cando o vento non supera os 40 km/h. no mes de decembro corresponde a Marius con máis de 54 puntos. Punteiro e Verducido superan os 53 puntos mentras Beocha e Modesto quedan ás portas desa cifra.
Cando o vento é maior dos 40 km/h. en decembro, a mellor marca é a de Modesto, con case 51 puntos por xornada. Verducido e Beocha superan os 50 puntos namentras Punteiro e Marius achéganse ós 49,5 puntos.