estadísticas

eltiempoentuojete

Informe: Xeadas na Inverneira

Presentamos unha serie de datos de cara ó comezo da parte da liga que rexistra máis xeadas, o mes de decembro e o de xaneiro.

Debes ter en conta que nestas gráficas somentes aparecen competidores en activo nesta edición da Liga da Inverneira.

Contemplamos coma xeada as etapas con temperaturas por baixo dos 0º C.

No caso de xeada feble, o rango vai dende os 0º C. ata os -2º C. Moderada vai dende -3 ata -7º C. Por baixo desa temperatura denominamos á xeada coma forte.

As xeadas na Liga da Inverneira

Despóis de preto de 200 etapas desputadas na Liga da Inverneira de Galicia podemos dicir que onoso país, no seu conxunto, non é territorio de xeadas. O noso calendario abrangue dende finais de setembro ata mediados de marzo. Despois de máis de 7 edicións xogadas, somentes un 16% das etapas rexistraron temperaturas por baixo dos 0º C.

Xeadas en Decembro - Xaneiro

O mes de decembro tampouco rexistra historicamente  moitas xeadas. Das 31 etapas desputadas neste mes, apenas 3 acadan grados negativos na temperatura. 

Sen embargo, en Xaneiro case a metade das xornadas estiveron por baixo dos 0º C. Incluso 6 delas, con temperaturas de xeada moderada, entre os -3 e os -7º C.

Acerto sen xeada

O maior porcetaxe de acerto cando non xea é a de Verducido, por riba do 86%, seguido de preto por Beocha, Modesto, Punteiro e Marius.

En canto ás vitorias, Beocha, Punteiro e Verducido suman 14 vitorias cando non xea. Xowi 13 e Mina 12.

Acerto con xeada

Cando hai xeada a mellor porcentaxe de acerto é a de Modesto, superando o 88% de acerto. Marius supera o 85%. Verducido, Beocha e Punteiro teñen porcentaxes menores, pero cunha cantidade maior de etapas desputadas.

As etapas con xeada son propicias para dous meteoludópatas: Lume e Verducido suman 5 vitorias por cacheira. Balboa, Mina, Modesto, Punteiro e Xowi chegan a duas vitorias baixo 0.

Vitorias

No histórico do mes de decembro atopamos a Verducido coma xogador con máis vitorias, con 5. Beocha e Michi suman 4 e Xowi 3.

5 tamén son as vitorias que acadou Lume no mes de xaneiro, marca máxima. Verducido e Xowi engaden 3 ó seu marcador.

Medias de puntuación

Decembro

A mellor puntuación media cando non hai xeada no mes de decembro corresponde a Xowi con máis de 52 puntos e medio. Julio e Verducido superan os 52 puntos mentras Beocha e Mina quedan ás portas desa cifra.

Cando hai xeada no mes de decembro, a mellor marca é a de Verducido, con 51, 33 puntos por xornada. Julio e Modesto están en 51 puntos namentras Punteiro e Beocha rondan os 50 puntos.

Xaneiro

A mellor puntuación media do mes de xaneiro cando non hai xeada pertence a Breogán77 con case 55 puntos. Alucarda supera os 54, Juanito Caminante e Julio os 53. Iru, con máis de 52 puntos e medio pechan unha clasificación chea de competidores de 2º e 3º ano.

Os días de xaneiro con xeada teñen a Julio e Modesto coma mellores competidores, cunha media de 54 puntos. Marius supera os 53 e medio. Os tres están na sua segunda ou terceira edición. Por riba dos 51 puntos atopamos a vacas sagradas coma Botikas, Verducido ou Víbora.

Este artigo está actualizado a 24 de novembro de 2021