estadísticas

eltiempoentuojete

VIII Liga da Inverneira / inverno

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente á estación de inverno na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 16 xornadas desputadas neste tramo de competición.

O Inverno en cifras

A comparativa co ano anterior amosa un aumento considerable na media de temperatura máxima, dende os 8ºC. do ano 2021 ata os case 12º C. nesta edición. A mínima tamén foi moi superior, case 3º por riba de media, ainda que tivemos xeadas fortes. A cantidade de chuvia recollida foi superior, pero no 2021 os días de chuvia foron 7, en comparación cos 5 deste 2022. A media de refacho sí reflicte as xeadas, cunha media moi inferior o do ano pasado (15km/h. menos por etapa).

O xogador máis completo

Verducido foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 90% dos 780 puntos en liza en inverno. Case un punto por baixo atinou Julio. Un menos fai Punteiro, preto do 88,5%. Por baixo do 88% de acerto atopamos a Botikas e Kaltxon.

Polo lado da vergoña, Coe ten un acerto pírrico do 69%. Preto do 75% atopamos a Denodeno e Bar Pequeno. Na cota do 78% están M.B. Joaquín, Belenchis e Kalandrakas.

O mellor en temperatura

Os mellores predictores de temperatura no inverno de 2022 foron Kaltxon e Verducido, cun acerto superior ó 89%. Co 88% aparece Botikas e Lume. Julioqueda por baixo do 88%.

Polo lado amargo, Coe encabeza a lista dos piores en temperatura cun miserable 54% de acerto. 71% aporta Belenchis. Denodeno, Bar Pequeno e Kalandrakas non acadan o 75% de acerto no inverno.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por Julio, con máis do 92% de acerto, desbancando a Juanito Caminante que tamén supera o 92%. Verducido e Nanuq superaron o 90% e por baixo desa marca quedan Punteiro e Rasta76.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca Coe, cun 71,5% de puntos acadados. Kalandrakas, Denodeno, Oscar e M.B. Joaquín non superan o 75%.

O mellor en vento

O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Punteiro, único que supera o 90% de puntos recollidos. Kalandrakas, Verducido, Alucarda e Balboa quedan no 90%.

Os piores discípulos de Eolo en inverno están liderados por Bar Pequeno, cun 76% de acerto. Pouco máis achegan M.B. Joaquín, Denodeno e Belenchis están por baixo do 80% que sí supera Oscar.

Vitorias

Medias de puntuación

Verducido acadou unha media por etapa de 54,3 puntos. Julio chega ata os 54 puntos por xornada, o que significa 1 punto máis que Botikas. Beocha, Kaltxon e Rasta76 quedan moi preto de acadar os 53 puntos.

Mal mes para Coe, que apenas superou os 40 puntos por xornada. Nas cercanias dos 43 puntos atopamos a Denodeno, Bar Pequeno e M.B. Joaquín (Canducho na gráfica). Kalandrakas está moi por riba, con máis de 47 puntos por etapa.