
estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Liga da Inverneira / novembro
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de outubro na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 5 xornadas desputadas este mes.
Os datos de novembro
Nas 4 etapas desputadas neste mes de novembro promediáronse 14º C. de temperatura máxima e case 7º C. de mínima, dentro do normal do mes. A temperatura máxima acadóuse en Lira, a mínima en Cequeliños, que marcou a maior amplitude térmica do mes. A maior cantidade de chuvia caeu en A Gándara, onde tamén se rexistrou o refacho máximo e a menor amplitude térmica. Somentes choveu nunha das 4 xornadas en loita, por baixo da media do mes de novembro.
O xogador máis completo
Beocha leva o título de Lady Novembro, sendo a que acadou a mellor porcentaxe de acerto xeral nas etapas desputadas. Preto dun 96% de acerto, unha marca ó alcance de pouc@s xogador@s. Víbora presume dun 95%. Máis dun 94,5% rexistran Botikas, Modesto e Popolo , traducida nunha subida na Clasificación Xeral.
Polo lado das piores porcentaxes de acerto atopamos a Denodeno, con pouco máis dun 75% de acerto. Coe tampouco supera o 80% mentras Bar Pequeno, Kalandrakas e Belenchis achéganse ó 90%, nada doutro mundo neste mes.
O mellor en temperatura
Beocha tamén lidera a táboa de acerto en temperatura superando o 96% de acerto. Co 95% está Iru, con Botikas, Víbora e Verducido zoando o 94%.
Na outra banda voltamos a atopar a Denodeno que apenas chega ó 70% de acerto. Coe obtén o 75% e Rasta76 ó 80%. Mina, Breogán77 e Kalandrakas non superan o 85%.
O mellor en pluviosidade
Somentes soportamos chuvia nunha das etapas, pero 8 xogador@s acadaron o pleno con 9 litros en A Gándara. Alucarda, Beocha, Budainca, Julio, Kaltxon, Landrán, Oscar e Víbora anotan un 100% de acerto na chuvia no mes de novembro.
Pola contra, Coe apenas supera o 70% de acerto baixo chuvia. Bar Pequeno, Denodeno, Jose Lopez e Mingos tamén están entre os piores de novembro, iso sí, rebasando o 90% de acerto.
O mellor en vento
Popolo amosa a mellor marca en refacho de vento no mes de novembro, cun 95% de acerto. De preto, Modesto achégase ó 94%, mentras Botikas, Budainca, Mingos, Rasta76 e Verducido chegan a un 92,5%.
Denodeno segue copando os malos refachos, superando por pouco o 70% de acerto. Belenchis preto do 80% e Bar Pequeno, Kalandrakas e M. B. Joaquín sobrepasando ese umbral por migallas.
Vitorias
Os gañadores de etapa no mes de novembro coinciden cos participantes que máis ascenderon na xeral neste mes de novembro. Beocha engade unha vitoria ó título de mellor apostante e Ocandepavlov, Víbora, Botikas e Modesto inscriben unha mordida na conta de vitorias.
Medias de puntuación
A media de puntuación no mes de novembro reflicte as subidas e baixadas na Clasificación Xeral neste mes. Beocha exhibe unha media abraiante de 57,50 puntos nas 4 etapas xogadas. Víbora mostra 57 por xornada, mentras a media de Botikas, Modesto, Popolo e Verducido chega ata os 56,57 puntos.
E como non podía ser doutra maneira, Denodeno presenta a pior media en novembro, cuns miserables 46 puntos. Coe e Bar Pequeno, na mesma liña, non chegan ós 50 puntos. Pouco máis de 50 amosan Rasta76, Iago e Kalandrakas.