estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Liga da Inverneira / Outono
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó tramo de Outono na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 13 xornadas desputadas este estación.
Os datos do Outono
Nas 13 etapas desputadas neste mes de novembro promediáronse case 15º C. de temperatura máxima e máis de 8º C. de mínima, dentro do normal do outono. A temperatura máxima acadóuse en Castro Vicaludo, que marcou a maior amplitude térmica do mes, a mínima en Ventosa. A maior cantidade de chuvia caeu na Serra da Faladoira, Penedo do Galo rexistrou o refacho máximo e a menor amplitude térmica correspondeu a O Xipro. Choveu en 7 das 13 xornadas en loita, un pouco por baixo da media do outono.
O xogador máis completo
O xogador con mellor eficiencia xeral foi Xowi , (87,31%) que no derradeiro minuto superou a Juanito Caminante, por riba de un 87% de acerto xeral. Beocha foi a máis avanzada entre os que superaron o 86% de acerto, Botikas, Nanuq e Verducido.
Polo lado dos piores resultados atopamos a Coe e Lukas, con moitas etapas sen xogar. Non chegan ó 70% de acerto. Denodeno ten a pior marca entre os habituais con case un 77% de acerto. Budainca e Iago están nun 78% de acerto.
O mellor en temperatura
O desglose por acerto en temperatura sinala a Xowi coma mellor desempeño nas temperaturas. Preto dun 93% de acerto presenta o canadiano. Beocha e Popolo chegan ata o 90% de acerto. Alucarda e Verducido móvense un chisco por baixo.
Lukas non chega ó 70% de acerto. Denodeno apenas supera o 73% e Coe anda nun 75%. Rasta76 e Oscar melloran un pouco esa marca.
O mellor en pluviosidade
O maior porcetaxe de acerto en chuvia pertence a Juanito Caminante, que chega ata o 87%. Case punto e medio sobre M.B. Joaquín, que acada máis do 86% de acerto. Incriblemente acompañado por Denodeno, cun 83% de calidade de predicción. Alucarda tamén presenta unha porcentaxe similar e Beocha un chisco por baixo.
Lukas, xa no ostracismo presenta un vergoñoso porcentaxe de acerto en pluviosidade. Coe apenas supera o 50%. Landrán anda preto do 72%, mentras Marius e Oscar chegan ata un 75%.
O mellor en vento
Modesto presenta a mellor porcentaxe de acerto nos refachos de vento, con preto dun 92% de acerto. Case un punto por riba de Julio, que tamén supera o 91%. Mingos achégase a esa marca e Botikas está nun 90%. Michi, Verducido e Xowi superan o 89%.
M.B. Joaquín amosa un acerto en vento pouco por riba do 77%. Nese nivel atopamos tamén a Coe e Denodeno. Bar Pequeno sobrepasa o 80% e Iago o 81%.
Vitorias
Medias de puntuación
A mellor puntuación media do tramo de outono corresponde a Xowi, que na derradeira xornada desbancou a Juanito Caminante, con máis de 52 puntos por xornada. Beocha tamén supera os 52 puntos. Botikas, Nanuq e Verducido están por riba dos 51 puntos.
Pola banda mala, Lukas ten a pior media nas poucas xornadas que desputou. Coe tampouco destaca pola sua asistencia, acadando pouco máis de 41 puntos por xornada. Denodeno, moito máis regular, non supera os 46 puntos. Budainca e Iago non chegan ós 48 puntos por etapa.