estadísticas

eltiempoentuojete

Valores extremos na Inverneira

Presentamos as estacións cos valores extremos nos anos de competición de eltiempoentuojete. Top-5 en temperaturas máximas, mínimas, pluviosidade e refachos de vento en cada estación xogada na Liga de Inverneira.

Temperaturas máximas

Castro Vicaludo, no concello de Oia ten a máxima temperatura rexistrada nunha etapa da Liga da Inverneira con 29º C. Encádrase na primeira quincena de outubro e o valor máximo acadóuse no ano 2017.

Ese mesmo ano, a primeiros de outubro, a estación de Vilela, en Verín chegou ata os 28º C.

25º C. marcaron no 2014, na primeira edición, as estacións de Corrubedo en septembro e a de Ponte Caldelas a finais de outubro.

Ponte Caldelas volve repetir marca en outubro do 2017, sendo éste o maior ano recolector de temperatura máxima.

Temperaturas mínimas

A estación de Calvos, en Calvos de Randín, é a máis nova das que representan a temperatura mínima na Liga da Inverneira. Enclavada a mediados de xaneiro, acadou os -8º C. no ano 2021.

Cabeza de Manzaneda baixou ata os -7º C. no mesmo mes no ano 2020. Xa marcara -6º C. no ano 2015, na primeira edición.

O mesmo valor ó que chegaron Lardeira (Carballeda de Valdeorras) a primeros de febreiro do 2021 e O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) a finais de xaneiro do ano 2019.

Pluviosidade

A maior cantidade de chuvia nunha xornada da Liga da Inverneira recolléuse en O Xipro, en A Fonsagrada, a primeiros de decembro do 2017. Ata 73 litros se recolleron, unha marca con case 4 anos de antiguidade.

56 litros se recolleron  no inicio do ano 2016 no Alto do Rodicio, en Maceda.

No ano 2020 atopamos 3 dos 5 máximos valores máximos. Ponte Caldelas e Muralla recolleron máis de 50 litros en novenmbro e Fontecada colleu 45 litros en febreiro dese ano, na edición anterior. 

Refachos de vento

Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, mantén dende o 31 de decembro de 2017 o refacho de vento máis forte na historia da Liga da Inverneira. 128 km/h. se rexistraron no derradeiro día de ese ano.

Ventosa, no concello de Navia de Suarna, chegou ata os 106 km/h. na noiteboa de 2019.

Nese mesmo ano, en outubro, a estación de Castro Vicaludo, en Oia, acadaba os 104 km/h.

104 km/h. tamén foi a marca rexistrada en febreiro na estación de O Cebreiro no 2017, o mesmo ano que O Xipro, en A Fonsagrada recollía ata 101 km/h.