estadísticas

eltiempoentuojete

VIII Liga da Inverneira / xaneiro

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de xaneiro na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 5 xornadas desputadas este mes.

Xaneiro en cifras

A comparativa co ano anterior amosa un aumento considerable na media de temperatura máxima, dende os 5º C. do ano 2021 ata os 11º C. nesta edición. A mínima tamén foi superior, ainda que tivemos xeadas fortes. A cantidade de chuvia recollida foi similar, pero no 2021 os días de chuvia foron 4, en comparación cos 2 deste 2022. A media de refacho sí reflicte as xeadas, moi inferior o do ano pasado.

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, xaneiro de 2022 supera com amplitude a media de temperatura máxima doutros anos de competición, que nunca superara os 10º C. de temperatura máxima. O tempo solleiro e un comezo de ano morno están detrás das cifras. A media de temperatura mínima entra dentro do normal, ainda que superior os derradeiros dous anos. A chuvia é moi similar o ano pasado, a maior de todas as edicións non sendo o ano 2016, escandalósamente superior. O refacho de vento está na onda dos xaneiros con pouco vento, sendo un dos valores máis baixos historicamente.

O xogador máis completo

Julio foio xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 92% dos 300 puntos en liza en xaneiro. Case un punto por baixo atinou Verducido. Un menos fai Punteiro, preto do 91%. Por baixo do 90% de acerto atopamos a Beocha e Kaltxon.

Polo lado da vergoña, Belenchis ten un acerto pírrico de 71%. Un punto máis aporta Coe e Bar Pequeno non chega ó 75%, que sí acada M.B. Joaquín e supera Denodeno.

O mellor en temperatura

O mellor predictor de temperatura no mes de xaneiro foi Verducido, cun impresionante 95% de acerto. Co 94% aparece Botikas. Superan o 90% Julio e Beocha, mentras Marius queda nun 89%.

Polo lado amargo, Coe encabeza a lista dos piores en temperatura cun miserable 46% de acerto. 55% aporta Belenchis e Bar Pequeno chega ata o 67%. Denodeno e Budainca superan por pouco o 70%.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por Julio, cun 97% de acerto sobre os 33 litros recollidos, unha das mellores marcas históricas. Punteiro acada un 95%, tamén entre a élite. Marius achega un 94% mentras Kaltxon e Nanuq comparten un 91% de acerto.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca M.B. Joaquín, cun 70% de puntos acadados. Mjölnir e Zalamera non superan o 75% e Budainca e Denodeno chegan ata un 78% de acerto.

O mellor en vento

O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Balboa, cun impresionante 94% de puntos recollidos. Xowi, Lume e Punteiro chegan ata o 93%, ainda que os dous últimos sumaron penalización neste mes. Mjölnir, tamén penalizado, acadou máis do 92%.

Os piores discípulos de Eolo en xaneiro están liderados por Bar Pequeno, cun 76% de acerto. Pouco máis achegan M.B. Joaquín e Oscar. Denodeno e Belenchis chegan ata o 79% de puntos acadados.

Vitorias

Medias de puntuación

Julio acadou unha media por etapa de 55,4 puntos. Verducido chega ata os 55 puntos por xornada, o que significa 2 puntos menos que Julio. Beocha e Kaltxon comparten 53,6 puntos por etapa, 9 puntos menos que Julio neste mes. Marius sumou unha media de 53,4 puntos por xornada.

Mal mes para Bar Pequeno, que apenas superou os 40 puntos por xornada. Pouco máis de 41 puntos sumaron Coe e Denodeno. Belenchis fai 42,6 por xornada e M.B. Joaquín (errata onde dí Canducho) promediou 45 puntos por cita.