A Monarca. A raiña das bolboretas. (Víbora)

Nome científico: Danaus Plexippus.

Familia: Nymphalidae

Orde: lepidóptera

As Monarcas son probablemente as bolboretas mais famosas e estudiadas do mundo. Realizan unha incrible migración masiva cada ano dende norteamérica a California e sobre todo México e volta, percorrendo uns 8000 kilómetros. Son os insectos que realizan a migración mais larga e masiva.

O ciclo de vida das Monarcas a fan altamente resistente as condicións variables do tempo. A súa esperanza de vida supera os 9 meses, ata 12 veces máis que outro tipo de bolboretas.

Dotadas  dún sistema de navegación moi sofisticado que contempla á altura do sol e á análise da luz que as orienta ó sur. Esta orientación é trasmitida xeneticamente, o que lle permite saber como chegar as súas reservas o próximo ano, coma fixéran as súas antecesoras. A maneira de viaxar das Monarcas causa admiración entre a comunidade científica. Sorprende como sen guía nin bruxula siguen exactamente as rutas dos seus ancestros e retornan a mesma árbore da que partiron. A diferencia de outras bolboretas que voan a ras do chán, as Monarcas fano a 100 metros, aproveitando os ventos do norte. A esto colabora que as bolboretas teñen o sangue frío o cal lles permite axustar á súa temperatura ó medio ambiente. Isto conserva a enerxía e aforra grasas.

A alimentación da monarca

 Outra particularidade desta bolboreta é que en estado larvario aliméntase de Algodoncillo (Asclepias Curassavica), tamén chamada Adelfilla, Flor Da Seda, Mataganado ou Flor De Sangre. Estas prantas arbustivas son moi velenosas, as eirugas da Monarca asegúranse con esta dieta unha formidable defensa cando muden a bolboretas. Se algún depredador se lle ocurre tragala, experimentará unha aceleración súbita do ritmo cardíaco, colapso e morte.

 A pesar das súas defensas e da súa toxicidade, as Monarcas teñen depredadores. Os máis especializados son ó Bolsero Tunero (Icterus Parisorum), e o Bolsero De Dorso Oscuro (Icterus Abeillei). Estas aves aliméntanse selectivamente dos músculos do tórax e da graxa abdominal e evitando a pel tóxica. Outro depredador e o Picogordo Tigrillo (Pheucticus Melanocephalus) ten bastante resistencia ó veleno e depreda as bolboretas completas.

Nas áreas de invernada, os ratóns de campo de ourellas negras (Peromiscus Melanotis) viven debaixo das colonias de bolboretas. Aliméntanse das que morren e caen o chán. O principal parásito das Monarcas e un Protozoario (Ophryocystis Elektroscirrha) ampliamente distribuído por América do norte e que afecta a supervivencia das bolboretas.

A bolboreta Monarca foi nomeada insecto nacional no Canadá. Así mesmo é o insecto do estado en Texas e en Minnesota. Foi nominado a insecto nacional dos Estados Unidos.

En México, a chegada das bolboretas coincide coa celebración do día dos mortos. Mantense viva á crenza de que as bolboretas son as almas  dos seres queridos falecidos que tornan á casa.

Saude, Natureza e Clima.

 Fontes:

http://www.soymonarca.mx/monarca.html

http://www.nationalgeographic.es/animales/mariposa-monarca

https://www.mariposas.wiki/mariposas-monarca

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *