Clima e vida. O resfriado

Índice

Neste artigo imos tumbar un mito en torno ao resfriado común. O tamén coñecido coma catarro ten a sua orixe nun par de virus. O coronavirus (Coronaviridae) e o rinovirus (Picornaviridae), que chegan a ser os responsables de aproximadamente o 50% dos resfriados.

rinovirus microscopio para monografia resfriado
Rinovirus
coronavirus microscopio para monografia resfriado
Coronavirus

O frío, sospeitoso

Os efectos do resfriado son coñecidos. Dor de cabeza, estornudos, tos. Pingueira, picor e conxestión do nariz. Incluso ollos lacrimosos e beizos escarchados. Este tipo de infección dura entre 4 e dez días, sen que exista tratamento para eliminala, ainda que podes atopar moitos fármacos que mitigan os síntomas.

O frio semella sempre o culpable destes arrefriados. Chega o inverno e as consultas médicas énchense de xente con cara de can pachón, chorando e moquexando polas salas de espera. Pois despois de moitos estudios sobre o tema podemos declarar ó frio como inocente. Ainda que pode ser un axente incitador.
De maneira directa, o frío non modifica o comportamento dos virus. Nin os mata nin os reactiva. Polo tanto, o que se necesita é virus, non frio.

Testimonio

Experimento √1203

05:30 horas do día 28 de decembro de 2013.

Temperatura do aire: -3º C. Humidade do aire: 72%

Temperatura da auga: 1º C. Humidade da auga: 100%

Temperatura do suxeito: 37.5º. Humidade do suxeito: 100% evaporable

Atopábame nun establecimiento preto do río Támega, no pobo de Verín. Realizaba un traballo de campo como moitos outros nesa época, en establecimientos públicos e nos horarios antes citados.

Sentindo unha imperiosa necesidade de miccionar e desenganado pola lonxitude da cola de espera, busquei alternativas. Sair coa xiada era arriscado, pero non quedaba outra.

Ainda que a luminosidade dentro do local era penumbra, a noite sen lua apenas debuxaba sombras. A escuridade da noite fixo que o meu radar me levara cara a beira do río, que pasaba silencioso nun estado preto da conxelación. A xiada da beira contactou co meu calzado inapropiado e o patinazo lanzoume ó interior da corrente. O troco de temperatura  do meu corpo en contacto co auga fixo que me esvaecera.

Espertei nunha cama de hospital, desorientado e desnudo. Tapado ata a cabeza por unha desas mantas térmicas plateadas que saen nas series agachando ós cadáveres.

Despois do susto inicial apareceu un doutor que me puxo ó día do acontecido.

Cheguei ó centro hospitalario con intoxicación etílica (¿?). Lavado de estómago pola auga de río tragada. Ademáis, hipotermia severa e unha recomendación de revisión do estado mental.

Pero iso sí, nin gripe nin resfriado. Eses virus non estaban presentes no aire frio nin na auga xélida. Agora ben, no meu estado estaba máis predisposto a contaxio coas defensas baixas. Pero non había relación directa entre frio (húmido ou seco) e os virus.

  • A maiores, o río levou a miña documentación. Pasados 15 días, factura do SERGAS no buzón. Non cheguei a pagala, pero costa moito máis que unha suite nun hotel 5 estrelas.

Factores de risco

Nas zonas máis xélidas do planeta, incluso os virus teñen máis compricada a sua supervivencia. Nos lugares coas temperaturas máis baixas, como no Ártico, sabemos que non hai resfriados.

Por qué entón esa estadística na que os invernos levan máis do 40% de casos de resfriados?
Un dos factores é a falta de ventilación. No vran os humanos pasamos máis tempo en espazos abertos e as edificación gozan de maior ventilación. O calor fai que as ventanas e portas abertas sexan imprescindibles no caso de non dispoñer de aire acondicionado. Pero ao chegar o inverno os espazos interiores tentan estar máis illados do frio exterior. Isto fai que o aire non se rexenere. As calefaccións e o calor humán fan que este aire vaiase cargando. Éstas son as condicións que fan que o virus se sinta coma na casa e se propague con velocidade.

O frio do inverno tamén inflúe no proceso de inoculación do virus. Cando o teu corpo está exposto a temperaturas baixas, tende a acumular sangue nas zonas máis vitais. E vai extraindo sangue das zonas menos vitais, como as mans, os pés, as orellas… e o nariz, que é a entrada perfecta para os virus. Canto menor é o rego sanguíneo, menor cantidade de leucocitos defensores. Polo tanto, se duas persoas están expostas ao virus e unha delas está en condicións de baixa temperatura, terá máis posibilidades de contaxio vírico que outra en condicións normais. A falta de fluxo sanguíneo e polo tanto, de defensas, determina a probabilidade.
Estes dous procesos son precursores e cómplices colaboradores no proceso de contaxio humano.

Sempre escoitei dicir que nos bares é onde máis probabilidade tes de contaxio. Pero sen embargo, penso que son outros os lugares para evitar.

Tenta evitar...

Os hospitais están na cúspide da pirámide. Os estadios, pabellóns e demáis instalacións deportivas concentran a gran número de individuos. Menos xente atraen as igrexas, pero con idades dentro das franxas de risco. As garderías e colexios tamén están entre os lugares máis perigosos. Nos cines e teatros apagan as luces, dificultando a identificación de “portadores”.

Realizáronse múltiples estudios sobre qué factores podían favorecer ou influir na infección por un virus. Os factores verificados son as alerxias de vías superiores, a fatiga contínua, os trastornos emocionais e o cliclo menstrual das mulleres na sua fase intermedia.

Prepárate para o asedio

Unha vez que estás contaxiado polo virus pouco podes facer.

Pero podes estar preparado para rexeitalo. Para iso o corpo humano conta con duas liñas de defensa. A primeira liña é a exterior e atopámola nas zonas do corpo en contacto co exterior. Os peliños do nariz tentan atrapar os microbios. Tanto o nariz, a boca e as vías dixestivas contan con unha mucosa atrapavirus.

O corpo tamén fabrica barreiras químicas internas para repeler as infeccións, coma o sudor, a saliva e as secrecións da vaxina e o estómago. Éstes dous últimos contan con flora de bacterias que forman barreiras biolóxicas contra os virus.

O mellor para contar cunhas defensas en plenas condicións é un estilo de vida sana. Un pouco de actividade física, unha alimentación variada, horas de sono adecuadas, manter o corpo hidratado son  costumes sinxelas que axudan ó sistema inmune.

Tenta tamén evitar no posible a exposición ós deshumidificadores e climatizadores. Resecan as mucosas, perdendo efectividade. Controla os antiácidos e antitusivos. Son reaccións necesarias.

Tampouco abuses da hixiene, podes destruir a barreira natural da pel.

pel de galiña para monografia resfriado
A pel de galiña tenta facer unha "zona de exclusión" do frío.

Como despedida deixo unha infografía na que se detallan as diferenzas para determinar se o virus que estás collendo é un resfriado ou unha gripe. Podes imprimilo e metelo na carteira.

Diferenzas entre o resfriado e a gripe

Resfriado
logo eltiempoentuojete con nombre color gris fondo negro
Gripe
Rinovirus, coronavirus e outros
Virus causante
Virus Influenza
Ciclo de vida

Mecha longa. De 48 a 72 horas

icono incubación para monografia resfriado
Incubación

Períodos cortos. De 18 a 36 horas

A modiño, crece en intensidade gradualmente

icono inicio enfermidade para monografia resfriado
Presentación

A traición. Sen aviso previo, moi repentina

Ó redor de entre 7 e 10 días.

icono duración enfermidade para monografia resfriado
Duración

Aproximadamente entre 7 e 10 días.

Síntomas
icono semáforo vermello para monografia resfriado

Un dos principais síntomas do resfriado

icono pinga nasal para monografia resfriado
Pinga nasal
icono semáforo verde para monografia resfriado

Ao ter gripe, tendemos a ter o nariz despexado

icono semáforo vermello para monografia resfriado

Outro dos síntomas clásicos do resfriado

icono estornudo para monografia resfriado
Estornudos
icono semáforo amarelo para monografia resfriado

Durante a gripe os estornudos son pouco frecuentes

icono semáforo vermello para monografia resfriado

Aparece a miudo durante un resfriado

icono picor de ollos para monografia resfriado
Picor en ollos
icono semáforo verde para monografia resfriado

Rara vez acontece cando contraes a gripe

icono semáforo amarelo para monografia resfriado

O resfriado raramente produce febre, e no caso, leve

icono febre para monografia resfriado
Febre
icono semáforo vermello para monografia resfriado

Síntoma típico da gripe, é a cotío perigosamente alta

icono semáforo amarelo para monografia resfriado

A dor muscular non é un síntoma decisivo

icono dor muscular para monografia resfriado
Dor muscular
icono semáforo vermello para monografia resfriado

Síntoma é propio da gripe. Sobre todo no lombo e pernas

icono semáforo amarelo para monografia resfriado

Tendo un resfriado é un síntoma somentes ocasional

icono dor de cabeza para monografia resfriado
Dor de cabeza
icono semáforo vermello para monografia resfriado

Durante a gripe é frecuente ter dor de cabeza, a miudo forte

icono semáforo vermello para monografia resfriado

Un dos síntomas máis típicos e frecuentes

icono dor de gorxa para monografia resfriado
Dor de gorxa
icono semáforo amarelo para monografia resfriado

No caso da gripe, preséntase de maneira ocasional

icono semáforo verde para monografia resfriado

A tos sen mucosidade non é síntoma de resfriado

icono tos seca para monografia resfriado
Tos seca
icono semáforo vermello para monografia resfriado

A gripe presenta unha tos non productiva, sen moco.

icono semáforo vermello para monografia resfriado

Acompañada de moco, a tos é un síntoma claro de resfriado

icono tos con moco para monografia resfriado
Tos con moco
icono semáforo verde para monografia resfriado

Polo xeral a tos que desenrola a gripe carece de mucosidade

Fontes:

deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *