monografías
eltiempoentuojete
Clima e xogo: o mercado da chuvia
Os xogos de azar e as apostas on-line son ilegais en Camboya dende 1996. Non quere dicir que non existan casinos (que os hai) senón que os cidadáns de Camboya non poden xogar. Sí podían xogar ás comecartos, ou tragaperras, pero foron prohibidas no 2009 pola taxa de violencia xenerada polos calotes.
Pero ainda existe un tipo de aposta tradicional e case imposible de erradicar polas autoridades. É o chamado mercado da chuvia ou “chak teuk phliang”, un sistema de apostas sobre a pluviosidade. Sónavos de algo…?
Acción no mercado
Un grupo de homes reúnese no mercado de Phnom Penh. Acarrexan sillas de terraza, das de plástico e vanse acomodando nunha parte da praza. Os “brokers” levan walkie-talkie, seica é máis rápido que o teléfono, e papeis con rexistros. Outro grupo máis amplio, o dos apostantes, moven discretamente billetes de rieles, a moeda do país. Teléfono na orella, tentan conectarse cos seus informadores. De repente, un fulano levanta as gafas de sol e sinala un punto no ceo. Unha nube. A adrenalina dispárase entre o grupo, crúzase o son dos politonos, o zumbido dos walkies e os gritos de solicitude de aposta. Son as 16:00 horas e é a única nube en todo o ceo. Pero esta xentiña sabe que nos atopamos na época do monzón e o máis común é recibir precipitación pola tardiña.
Algún dos xogadores do grupo, coma Changzou, xa estivo neste mesmo lugar pola mañanciña. As apostas abren ás 06:00 e ata as 12:00 é a primeira división das apostas. O seguinte tramo vai dende as 12:00 ata as 14:00 h. O derradeiro remata ás 18:00 horas. As apostas máis lucrativas son as da mañán, con menores posibilidades de chuvia. Changzou sabíao, pero ainda así, perdeu á aposta.
Troco de ubicación
Falaron entón varios dos perdedores matinais e propuxeron xuntar cartos para combustible e, no coche de Changzou, arrimarse ata a fonteira con Tailandia para ver se algún frente nuboso asomaba polo horizonte. No camiño de volta recordan como foron os chinos os que trouxeron esta tradición, agora adoptada polos jemeres.
En vez de voltar ó mercado, deciden ir ata o estadio olímpico de Phnom Penh, lugar de reunión de brokers e apostantes, onde teñen unha vista privilexiada do ceo. Que por certo, segue despexado. Cara as 17:40, comezan a medrar as nubes no horizonte. Éstas sí, son de chuvia… , comenta Changzou mentras saca o móvil e chama a algún dos seus informantes. Volta a adrenalina e os que utilizan o móvil alónxanse do resto, recelosos de ser escoitados. Os dos walkies reciben as derradeiras instruccións. Changzou suda, mira ao ceo e respira. Levanta a voz e dí “compro”, que significa que vai chover. Logicamente “vendo” significa que non vai chover. Anuncia que aposta 25.ooo rieles, o troco en europa, 5€. Avalancha de “compros e vendos”, mentras ninguén deixa de mirar furtiva, pero continuamente ás nubes achegándose polo Golfo de Tailandia.
Unha tecnoloxía básica
Se chove despois das 18:00 voltará á casa sen nada. Quedan poucos minutos e non semella que vaia chover, pero un dos ludópatas coloca no chan ó xuiz designado dende antigo. O papel dun xornal, aberto á metade e esperando un sinal. As nubes están agora xusto sobre a sua cachola, todos coa mirada posta nese tramo de ceo, que agora torna a gris oscuro. E mentras esperan, Changzou escoita un lixeiro “top”, o son case imperceptible dunha minúscula gota de chuvia petando no medio da folla dun periódico cambodiés…
Cómo se argalla?
Ésta mesma escena reprodúcese ó longo de toda Cambodia, sen que as autoridades podan facer nada contra un papel cheo de números e un exemplar da prensa do día. Sen outros xogos máis que os das loterías nacionais, baseados na pura sorte, os cambodianos non poden resistir unha tempada de seis meses de monzóns e incluso algún deles marchan na época seca ata Malasia, onde as chuvias permiten o desenrrolo do xogo.
Podes apostar cándo comeza ou remata a chuvia, cántas veces vai chover no día e incluso a cantidade de auga recollida nun lapso de tempo, que pode ser un día ou toda unha semana. As apostas divídense en tres tramos, de 8 da mañá ata as 12, de 12 a 2 e dende as 2 ata as 6 da tardiña. A medida standar é a “gota no xornal”. Comentan que para a medición da cantidade de auga teñen un medidor oficial, un “complexo” pluviómetro nunha mansión das aforas, vixilado constantemente. Consta de 13 capas de papel de seda nunha mesa na azotea da casa. Se a auga traspasa esas capas, “choveu oficialmente”.
Dise que…
Xógase en todo o país, pero cidades coma Battambang están no cumio da ludopatía, con casas de apostas, xogadores de corte profesional, miles de apostantes ao día e unha rede de informadores e observadores do tempo repartidos por zonas de grande visibilidade do ceo e incluso xente que se despraza a outras zonas para investigar as nubes máis lonxanas. Tamén en Taiping, na veciña Malasia, xógase forte. Importada polos mariñeiros, asentouse cedo no país. Moitos xogadores collen un ferry ata Kuala Sepetang, onde a visión do ceo é mellor. Outros teñen informadores na fronteira de Tailandia. Ou podes quedar sentado e mollar un dedo na boca para anticipar o vento. Internet está relegado coma derradeira opción. O traballo de campo é o máis valorado. Ter un activo grupo de informantes asegura precisión.
Os vellos relatos din que o xogo se fraguou nos campos de cultivo de té da provincia de Guangdong, en China. Despois da Revolución moitos cruzaron a fronteira cara Camboya e levaron con eles o “mercado da chuvia”.
Circulan rumores que na Galiza existe un grupo de tolos da mesma calaña, con apostas máis precisas e agrupados baixo o sobrenome de eltiempoentuojete. Sabedes algo deles…?
Fontes:
https://elpais.com/elpais/2017/12/26/planeta_futuro/1514290797_584463.html