monografías
eltiempoentuojete
Cúmulos. As nubes dos nenos
As nubes que debuxan os nenos
Cando pensas nunha nube, o máis probable é que a tua cabeza debuxe un cúmulo. Teñen multitude de formas e especies asociadas, pero ainda así, son un tipo de nube sinxela de recoñecer entre os dez tipos existentes.
Son nubes illadas e de alta densidade. Moi semellantes ás nubes de algodón ou as pombas de millo. Poden estar en crecemento, adoptando forma de coliflor. Adoitan ter unha base case plana grisácea. Un pouco máis escura que o resto da nube, branca case pura, incluso brillante.
O tamaño dos cúmulos ven descrito polas suas catro especies. Humilis é plana, mediocris case cadrada e congestus é máis alta que ancha. Éstas poden dar lugar a cumulonimbos tormentosos. Tamén podes velas esvaecerse, como nas noites de vran ou días ventosos. Chámanse fractus.
Os cúmulos xerminan nos días de vran con baixa humidade e pouco movimento vertical do aire. Entón podes agardar tempo solleiro. Pero cando existe humidade alta e correntes ascendentes poden dar lugar a chuvias e incluso a cumulonimbos e fortes treboadas.
Ainda sendo nubes catalogadas no nivel baixo da troposfera, a especie congestus pode alcanzar o nivel medio. Ás veces chega a un tope de altura e forma un chapeu no alto do cúmulo. É o chamado pileus, unha nube accesoria.
Formación:
Están formados por convección. As correntes termáis levan a humidade ata unha altura onde poden condensar. Por iso os cúmulos teñen un crecemento vertical. Poden chegar moi alto e converterse en cumulonimbos. Adoitan aparecer a miudo no tempo de anticiclóns e no vran. Pero con o tempo axeitado pódense formar en calqueira momento do ano.
Especies de cúmulos
Exemplos de especies
Variedades de cúmulos
Exemplos de variedades
Características comprementarias
Exemplos C. comprementarias de cúmulos
Nubes accesorias dos cúmulos
Exemplos de nubes accesorias
Nubes asociadas ós cúmulos
Exemplos de nubes asociadas
Identificar os cúmulos
Os cúmulos son nubes moi doadas de identificar no ceo, pero pensa que as nubes poden pasar dun tipo ou especie a outra de modo moi rápido. Pódelas ver nas capas máis baixas, teñen forma de bolas de algodón pero coa sua base case perfectamente plana. Son densas e esponxosas pero cando medran verticalmente podes agardar chuvia ou incluso fortes treboadas.
É cúmulo cando...
- Ten cor branca e base grisácea
- Alta densidade, adoita ser opaca
- Está a baixo nivel e ten base plana
Non é cúmulo...
- Se é un grupo de nubes
- Se ten unha cor moi oscura
- Se cobre a maior parte do ceo
Comparando
- Os estratocúmulos e altocúmulos comparten semellanzas con os cúmulos pero non comparten especie nin variedade (agás radiatus). Os altocúmulos están máis altos e os estratocúmulos son unha capa máis oscura.
- Os cúmulos son precursores dos cumulonimbos. Éstes contan con chuvia, raios e parte alta fibrosa.
Apuntes
- Ó formarse por convección, son nubes que medran verticalmente. Se forman torretas poden dar lugar á invasión nos niveis máis altos e converterse en cumulonimbos.que xeneren trevoadas severas.
- Os cúmulos son usados polos pilotos para identificar correntes termáis (convectivas).
Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse
Se queres ver videos de Cúmulos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.
Fontes:
Relación de fotografías
- C. fractus dende o Picu Reondu (Nava)
- Cumulos mediocris sobre Cotobade
- Cumulus congestus dende Cabo Udra
- Cumulus humilis dende o Picu Reondu
- Mediocris sobre Cotobade
- C. fractus o amencer en Baiona.
- C. virga dende Cabo Udra
- Fractus. Cúmulos esvaecen á noitiña en Poio
- Cumulus pannus sobre Alba
- Cumulus praecipitatio en Alba
- Arcus sobre Lérez
- Cumulus fluctus sobre Pontevedra
- Chobe National Park, Botswana
- Cúmulus velum en África
- Cumulus velum por África
- Cumulus cataractagenitus en Victoria
- Cúmulo soitario en Pontevedra
- Cumulus radiatus sobre o río Lérez
- Cumulus virga en Cotobade
- Congestus formando un cumulonimbo en Cotobade
- Cumulus homogenitus. Finsa-Santiago