Estratos

A nube máis aburrida e monótona

Se os cirros son as nubes a maior altitude, os estratos atopámolos na zona máis baixa da troposfera.

Se ves unha nube moi baixa, ás veces en contacto co chan, é moi posible que sexa unha nube estrato. Se te preguntas se a néboa e un tipo de nube estratos, a resposta e sí.

O término estrato deriva da palabra latina stratus, que significa “capa“. E a sua abreviatura no mundo das nubes é St.

Ubícanse no nivel baixo da troposfera, entre o chan e os 2000 metros. As nubes de este tipo están formadas por minúsculas gotiñas de auga. Ou tamén, se as temperaturas son baixas, por pequenos cristais de xeo.

Pode ter varias orixes:

  • Turbulencias na capa de aire máis preto do chan.
  • Por enfriamento das capas de aire inferiores.
  • Pola caida das partes baixas dos estratocúmulos e por evaporación da humidade da superficie.

É unha nube doada de ver, sobre todo nos días de outono e inverno. Cando producen néboa están a predicir tempo anticiclónico. Se aparecen por baixo de Altostratos e Nimbostratos veñen asociados a un frente cálido.

Especies

Stratus fractus

Nubes desfeitas, desfarrapadas.

Stratus nebulosus

Nube de vapor sen detalles

Exemplos de especies

Variedades

Stratus opacus

Chega a cubrir a luz do sol

Stratus translucidus

Translúcido, vese a posición do sol

Stratus undulatus

Producen bandas e ondulacións.

Exemplos de variedades

Características complementarias

Stratus fluctus

Forma ondas de Kelvin-helmholtz

Stratus praecipitatio

Toca o chan pola chuvia producida

Exemplos de características complementarias

Nubes accesorias

Stratus cataractagenitus

A partir do spray dunha cascada

Stratus homogenitus

Fórmase por actividades humanas

Stratus silvagenitus

Evaporación dunha masa forestal

Exemplos de nubes accesorias

Identificar nubes estratos

O tipo de nube estratus son as nubes máis monótonas que podes atopar. Son moi sinxelas de identificar. Sobre todo tendo en conta que están no nivel máis baixo, incluso pegadas ó chan. Adoitan ser uniformes na sua cor e non deixan ver o sol ou a lúa con claridade. Pero tamén existen outros tipos de estrato moi característicos. Coma os formados nas cascadas, fábricas ou chemineas, ou tamén as que manan de superficies forestais. Na costa galega son comúns os da especie nebulosus. no interior abondan máis os de tipo fractus.

É un estrato cando...

Non é estrato...

Comparando

Apuntes

Ficha técnica

Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse

Se queres ver videos de Stratos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.

Fontes:

 

Atlas intenacional de nubes da OMM

whatsthiscloud

Tódalas fotos que ilustran este artigo son do arquivo fotográfico de Fran Torres.

Agás estratus nebulosus praecipitatio en Lérez que pertence a Bea Caamaño

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *