Yakushima. A illa máxica (Víbora)

A illa Yakushima está formada por un extenso bosque húmido, primario, e sometida a un diluvio eterno. Por isto ten gañada a fama de ser ó lugar onde chove 35 días o més, según as lendas populares.

Calcúlase que poden cair entre 4000 e 10000 mm de choiva anuais, proporcionando un verdor absoluto a unha paisaxe absolutamente expectacular, donde dominan os famosos bosques de SUGI (CRYPTOMERIA JAPONICA).

Maxestuosas árbores,  soen sobrepasar sinxelamente os 1000 anos de vida, contando con moitos exemplares de mais de 3000 anos.

Cando acadan estas idades son reverenciados coma árbores sagrados e reciben o nome deYAKUSUGI. Existe algún exemplar ainda mais lonxevo, chamado JOMON SUGI, o cal se lle calculan 6000 anos de idade.

Ven sendo destino de peregrinación e admiración. Este bosque arcáico e encantado está envolto nunha sempiterna choiva e bruma.

O sotobosque está totalmente tapizado por unha alfombra verde de musgo. É onde proliferan fungos, fieitos e liquéns.

Nas partes aéreas multiplícanse as prantas epífitas, dotando de gran beleza o bosque.

Ten unha variedade vexetal sumamente rica que engroba case 2000 espécies e subespécies. A illa Yakushima conta con un número elevado de endemismos.

No correspondente a fauna, a illa conta con 16 espécies de mamíferos, 150 de aves, 8 de anfíbios , 1900 espécies de insectos e 15 de reptís.

Dentro dos mamíferos, contamos con varios endemismos, ó macaco da illa yakushima, chamado YAKUZARO, e os gamos de Yakushima, chamado YAKUSHIKA.

Recentemente descubréuse unha especie de can mapache chamado TANUKI.

Entre maio e xullo arriban na illa Yakushima milleiros de tartarugas bobas e verdes para desovar.

Outro animal famoso ainda que xa non está presente en Yakushima pero si no resto das RYUKU , e a perigosa HABU, unha pit-viper (víbora de fosetas), unha víbora de mais de 2 metros. Conta cunha mordedura terrible, responsable de moitos envelenamentos e mortes.

Afortunadamente hoxe cóntase con suero antiofídico e as mortes son raras. Pero os danos pola mordedura soen ser de por vida.

A única espécie velenosa e perigosa que se atopa na illa Yakushima é outra víbora de fosetas, chamada MAMUSHI.

Afortunadamente e mais pequena, menos velenosa e menos agresiva que as famosas HABU. As MAMUSHIS evitan as persoas e soen ser crepusculares e nocturnas, polo que os accidentes son escasos.

Fontes:

https://www.turismo-japon.es/descubrir-japon/japon-por-zonas/kyushu/excursiones-en-kyushu/kagoshima-ken/yakushima

http://experience.es/ciudad-kagoshima/la-isla-de-yakushima

http://whc.unesco.org/es/list/662

deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *