Clima e alimentación. A marea vermella

 A miúdo escoitamos por parte das axencias de información que van pechar tal ou cal zona ou banco marisqueiro por mor dunha “marea vermella” que nos obriga a prescindir do noso querido marisco. Pois neste artículo poñemos en riba da mesa que a causa destas “mareas” e principalmente un proceso meteorolóxico do clima, que conta coa colaboración inestimable da orografía das rías de Galicia.

 Qué son?

O fitoplancto son organismos microscópicos que forman parte da alimentación dos mellilóns, as vieiras, as ostras e demáis bivalvos. Teñen pouca capacidade de movimento e son transportadas  por correntes mariñas. Por un proceso natural de crecimento excesivo (sobre todo dos dinoflaxelados) crean estas mareas, que non son mareas e non sempre teñen coloración vermella. Este sobrecrecimento ven asociada a algas productoras de toxinas, causantes dos problemas nas áreas de cultivo de moluscos.

A primeira vista este aumento nas cantidades de algas debería beneficiar o marisco (e de feito, faino). O malo é que os moluscos filtran estas algas. E se éstas levan toxinas, poden acumulalas durante longos periodos de tempo. Á maioría dos moluscos non lles representa problema algún. Pero ó consumidor humano pódelle crear un cadro clínico, que segundo a toxina, pode ser de distinta consideración. As tres toxinas máis atopadas en Galicia son:

  • DSP: Todo para fora. Diarreas, nauseas, vómitos e dolor abdominal. Son as máis frecuentes. Os síntomas aparecen ás poucas horas e remiten en tres ou catro días.
  • PSP: Teso coma unha vara. Dende o entumecemento e a picazón, ata episodios paralizantes da respiración. Moi perigosa.
  • ASP: Eu xa paguei (creo…). Nesta toxina destacan os vómitos, espamos abdominais, desorientación e pérdida de memoria.

Cómo funciona en Galicia?

As augas costeiras de Galicia, e máis en concreto, o litoral atlántico, están cheas de fitoplancto. Cando sopra o vento do norte, ou nordés, empurra as augas superficiais cara fora das rías, hacia o mar. Estos “buratos” de auga que forma o vento, énchense de auga do fondo mariño, máis fria e moito máis rica en nutrientes. Iso fai que as especies do tipo dos mariscos abonden nestas augas.

infografia formación da marea vermella fenómeno 2
O vento do norte leva mar adentro as augas superficiais e a capa inferior cubre o espazo aportando nutrientes.

 Pero se despois do episodio de vento norte, entra repentinamente vento sur, ou outro vento predominante no clima de Galicia, éste fará que a temperatura do mar ascenda e favorecerá unha reproducción masiva de microorganismos. Moitas veces a formación sucede en augas portuguesas e é arrastrada polo vento do sur ata o interior das rías. E se este vento sur continúa por varias xornadas impide a rexeneración natural da auga e mantén á toxina pegada á costa, sen deixala sair das rías.

infografia formación da marea vermella fenómeno 2
O vento sur empurra os microrganismos cara a costa, evitando a purificación da auga

O control da marea vermella

Pero como todo ten solución, temos o INTECMAR (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) que analiza continuamente a calidade da auga (17.000 análises anuais, máis os de productores e depuradores) para determinar a presenza da toxina e tomar medidas previas á irrupción da marea vermella. A calidade do sistema pode facer que dous ou máis “campos marisqueiros” permanezan abertos ou pechados dentro dunha mesma ría.

O clima de Galicia sempre da unha de cal e unha de area. E neste caso, unha marea vermella causada polos dous ventos predominantes do país, nordés e suroeste. Éstes, combinados, poden deixarte sen esa mariscada planificada se non tes en conta a meteoroloxía. Ou ainda pior, sacarte o vicio para sempre…

deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *