Nimbostratos. A tristura no ceo

Precipitacións constantes

Se miras pola fiestra e ves que está a chover, e ademáis leva todo o día a chover, o máis probable é que estés baixo unha nube Nimbostrato.

As nubes nimbostratos son nubes multinivel, o que quere dicir que se extenden por varias capas. Os nimbostratos son nubes baixas, moi preto do chan, que poden alcanzar o nivel medio no seu crecemento. 

Son nubes moi densas, o que lle da un color moi escuro, polo que ñe moi compricado distinguir a posición do sol ou da lúa. Poden levar asociadas néboas baixas e medias, o que perxudica ainda máis a visibilidade.

Están asociados á entrada de frentes cálidos e producen precipitacións contínuas. A diferencia da outra nube con precipitacións aseguradas, o cumulonimbo, carece de toda a parafernalia tormentosa, coma raios, tronos ou chuvascos extremos. Adoitan deixar chuvias moderadas e contínuas durante un periodo de tempo alongado.

Formación:

Fórmanse polo aumento das capas de aire expandidos ata o nivel máis alto da nube. Tamén poden formarse a partires do crecimento de Altostratos ou pola propagación de un Cumulonimbo.

Especies de nimbostratos

As nubes nimbostratos carecen de especies

Variedades de nimbostratos

As nubes nimbostratos carecen de variedades

Características comprementarias

Nimbostratus praecipitatio

Chuvia caendo na superficie terrestre

Nimbostratus virga

Chuvia que se evapora antes de tocar o chan

Exemplos C. comprementarias

Nubes accesorias dos nimbostratos

Nimbostratus pannus

Nubes de tipo fractus por baixo da base

Exemplos de nubes accesorias

Identificar os nimbostratos

Os nimbostratos son nubes compricadas de distinguir visualmente. A parte inferior da nube pode estar moi preto do chan, mentras que a parte superior pode chegar ata o nivel medio. Ademáis, son nubes de moito grosor, o que lle da unha apariencia máis escura que calqueira outra. Tamén é un dos dous tipos de nube, xunto ós cumulonimbos, na que as precipitacións están aseguradas.

É nimbostrato cando...

Non é nimbostrato...

Comparando

Apuntes

Ficha técnica dos nimbostratos

Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse

Se queres ver videos de Nimbostratos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.

Fontes:

Relación de fotografías

  • Foto principal de artigo. Lugo
  • Nimbostratus virga en A Lanzada (Nubes comprementarias)
  • Nimbostrato praecipitatio en A Lanzada (N. comprementarias)
  • Nimbostratus pannus dende Cabo Touriñán (Nubes Accesorias)
  • Ría de Pontevedra (Ficha técnica)
  • Nimbostrato praecipitatio en Lérez (N. comprementarias)
  • Nimbostrato praecipitatio en Pontevedra (N. comprementarias)
  • Nimbostrato pannus sobre Alba (N. accesorias)
deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *