
monografías
eltiempoentuojete
O sismo de Irán. Morte e petróleo
Éste foi o titular dos noticieiros do Domingo 12 de Novembro de 2017.
Desputábamos a 2ª xornada da OjeteQuake W. G., pero ninguén se acercou nin en distancia, nin, por suposto, na magnitude. Poucos agardaban un sismo de tal intensidade nesa zona en concreto, sobre todo porque o Anel de Fogo estaba moi quente nos últimos tempos. Pero non era descartábel. O mellor das novas sobre o sismo é que semella que nin ISIS, nin Al Asad, nin o MOSSAD e nin sequera Trump estiveron implicados no evento.
Qué sucedeu?
A sismicidade que opera na zona de Oriente Medio ten a su orixe no movemento de catro Placas Tectónicas principais. Arabia, Eurasia, India e África e un pequeno bloque, Anatolia.
Un dos procesos máis comúns nestas placas é a subducción (unha placa métese por baixo da outra) e as fallas de transformación producen unha zona de pliegue que fai que se formen sistemas montañosos coma, neste caso, a dos Montes Zagros.
A Placa de Arabia desplázase cara o norte con respecto a Placa de Eurasia mediante o proceso de subducción, o que quere dicir que Arabia estase introducindo por baixo de Eurasia. Faino a unha velocidade de 26 milímetros por ano. Este movimento convergente é o responsabel do incremento da altitude da cadena montañosa de Os Zagros, a maior de Irán e Irak.
Segundo os primeiros datos, o sismo de 7,3 de Irán-Irak foi producido por unha falla de empuxe oblícuo, isto é, tracción tanto horizontal coma vertical.
Unha de cal e outra de area
A área de Oriente Medio é relativamente activa. Sofre a cotío terremotos de magnitude media e baixa (entre 2.5 e 4.5), que non causan danos personais nen materiais. No derradeiro século rexistráronse moitos sismos de magnitude superior a 6, tamén sen consecuencias graves. Non así o acontecido en 1990, cando un sismo de 7.4 con epicentro 400 kms. ó noroeste do actual causou entre 40.000 e 50.000 mortos, 60.000 feridos e máis de 600.000 persoas sen fogar.
Pero pola contra, eses movimentos ó longo da historia fixo da zona unha das máis ricas en combustíbeis fósiles. E o contrario de outras zonas tamén agasalladas cos preciados elementos, a extracción destes recursos é moito máis sinxela e barata, debido a que se atopa nunha capa moito máis superficial da corteza terrestre.
Fai millóns de anos, cando a península Arábiga ainda formaba parte da Placa Africana, a deriva dos continentes deu lugar a que varios mares quedaran pechados. A evaporación da auga fixo que moitos elementos vivos quedaran depositados no fondo.
Con moito tempo e a temperatura adecuada converteuse en petróleo. O entorno salino, orixinado pola evaporación dos mares, xunto coa pedra caliza son os mellores ingredientes para crear o maior depósito de crú e gas de todo o planeta. Esa é a causa de que Oriente Medio teña a maior cantidade de reservas de combustibeis fósiles do mundo.


Fontes:
Wikipedia, UCube by Rystad Energy, CNN, USGS, Google MyMaps.
