Non fallou Fornelos á súa cita coa chuvia e coas apostas recibidas tivemos un gran show tanto na táboa da xornada coma na da clasificación xeral, con trocos continuos de trunfador@ de etapa e moito movimento de enriba a embaixo na xeral. O principal foi a vitoria da posible morrona desta edición e comprobar que o líder é humano, asinando un 0 no marcador de chuvia e a piques de perder máis da metade da ventaxe adquirida ó longo desta edición. Pedía pouca auga e o final quería a máxima posible para recobrar os puntos perdidos.
A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con 5º C. a rentes dos 6. A máxima subiría ata os 9º, con dificultade, xa entrada a derradeira hora. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente o principio e bategando despóis e acadou un resultado de 32 litros. O vento marcou un refacho máximo de 58 km/h., por baixo do que apostaba a elite da xeral.
Aviso: A xeral ten trocada de posición a etapa de Lardeira con esta derradeira de Fornelos por un faio que non dimos arranxado. Polo resto, está todo en orde, incluidas as puntuacións xerais.
E volvemos abrir as portas do Olimpo meteorolóxico amateur para recibir a primeira vitoria de Cris, que como boa aprendiz avantaxada, acadouna en soidade nun dos templos da meteoroloxía de eltiempoentuojete. Somentes deixou atrás 1 punto nas temperaturas, 2 na chuvia e outros 2 no refacho para redondear o marcador con 55 puntos. Figura no posto 17 con opcións de mellora ó ter ameazad@s a predecesores vari@s. Veremos se remata con forza e cando menos obtén un Top-15.
Con 53 puntos, a ainda vixente campioa da competición, Magor, que volveu demostrar as súas capacidades baixo a chuvia de Fornelos. Ainda que este foi o seu pior parámetro, marcando 19 de 20 nas temperaturas e pleno no refacho. Por un par de litros non levou a vitoria, pero reivindicóuse nunha praza compricada nun día case indescifrable. Tamén ten opcións de mellora, un punto por diante da vencedora Cris. no 16º lugar.
Terceiro posto para Mina, completando un éxtase feminino en Fornelos, con 52 puntos. Arriscou na predición e levou o seu premio. De ter o 7º posto inalcanzable a estar a 5 puntos da mesma, que agora ostenta Landrán, que non levanta cachola despóis dunha 1ª metade de Liga espectacular. Mesmos puntos para Rasta, moi preto de dar a badalada coa súa arriscada aposta en chuvia. Traxectoria errática, entrando e saindo do Top-10. Hoxe tócalle estar dentro.
Con 51 puntos Lume acada o que semellaba imposible fai un mes, coller praza no Top-10. Somentes lle falta acadar unha vitoria para mellorar uns resultados esperanzadores semana a semana. 10ª praza e con aspiracións. Igual marcador colleitou Marius, tamén con grandes resultados nos derradeiros tempos e tamén na busca dunha vitoria. Pasou a zoar por Landrán e xa está no rebufo de Julio, Top-5. Gran aposta en auga e o 5º posto no horizonte.
Non nomeamos a ninguén máis pois estes foron @s únic@s por riba dos 50 puntos. Como resumo, Beocha recupera 7 puntos con Kaltxon, que chegaron a ser 12. Verducido apaña a 4ª praza de Julio. Rasdgar alónxase do Top-10 tras unha xornada para esquecer, lugar que colle Popolo para tentalo pola súa conta. Sarabia insiste e achégase en puntos ó Top-10. Breogán77 desplómase dese grupo de acceso.
Para acadar tódolos datos recollidos na 21ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

