Fachendosa Herminia

A do Courel vai ser unha etapa a recordar. Para ben e para mal, según a quen lle preguntes. Como falamos na previa, semellaba que a Clasificación xeral podía mudar en profundidade e así foi. Iso sí, o podio non trocou a orde nin a composición. Pero polo resto… xente nova no Top-10, moitos movimentos e trocos de posición e xogadores que perderon o seu posto de prestixio. Incluso podemos falar de soños crebados e sensacións de desespero. Tranquilidade, todo pasará. Arriba eses folgos!!

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 6º C., moi por ribadas prediccións da maioría. Pola tardiña acadóuse a máxima diaria con 11º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 44 litros de chuvia sí que estiveron na media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 78 km/h., baixo con respecto a moitas apostas.

E dados estes resultados temos a unha heroína como vencedora en soidade. Mina mallou eses 44 litros de chuvia, perdeu 2 puntos nas temperaturas e outros 2 no refacho para un total espectacular de 56 puntazos. Sobran as palabras para explicar este grande resultadoque, ainda por riba e con todo merecemento fai que trepe dende o 10º posto ata o 5º da xeral e ainda con marxe de mellora. Volvemos ver á campiona de antaño rexurdir das súas cinzas. Parabéns merecidos!!

53 puntos aportou M.B. Joaquín, que volve refulxir nunha etapa apocalíptica, as da súa convenecia. A piques de mallar a cuvia e con resultados mediocres ainda que favorables no resto de parámetros. Sube 2 postos ata colocarse no final do Top-20. Semella que este ano non ten límites!!

Julio volve o Top-5 como 4º clasificado dende o 6º que ocupaba e con 52 puntos volve postularse como aspirante ó podio ou algo máis. Segue a ser regular e non perde comba dos mellores. Somentes lle falta un golper de man para amedrentar ós cacheiras da xeral. Un paso adiante!!

Os 51 puntos de Sarabia semella que a devolven ó bo camiño percorrido nesta edición da Liga da Inverneira. Moi estable e tódolos parámetros e non era doado no Courel. Dende o posto 13 voa ata o 9º reclamando espazo no Top-10 final. Apura no final de Liga!!

E 50 puntos para Michi e Lume. Con este resultado Michi sube 2 posicións, dende a 18 ata a 16. Pola súa parte Lume tamén acada Top-10 na 8ª posición vindo dende a 12ª. Arrimádelle unha vitoria máis!!

Estas foron as ínicas puntuacións que acadaron os 50 ou máis puntos na 18ª etapa desputada en O Courel. Coma destacados perdedores podemos nomear a Kaltxon e Verducido, que perden condición de Top-10 e deberán remontar para restaurar a súa dignidade. Por diante, semella que moi mal o ten que facer Magor para non gañar esta edición, a tenor dos 17 puntos de vantaxe sobre Botikas, que á súa vez vese acolloado por Popolo, destemido e con coraxe para dar a badalada. Pero… A loita non rematou… Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *