Falsa calma

Semellaba esta etapa de Lardeira a típica xornada de transición, en altura, sen chuvia e con vento frouxo. Mirando os resultados e sen ver as apostas, ese foi o resultado. Pero tendo en conta a altura de competición e as marxes existentes entre xogador@s, a etapa moveu a clasificación xeral nalgunha zona específica e hai tant@s participantes contrariad@s coma cheos de ledicia. A temperatura mínima quedou nos -1º C. na madrugada do domingo, aplacada polo vento que non deixou actuar á xeada e chegou a marcar 32 km/h. No mediodía a temperatura máxima acadou os 9º C., valor intermedio entre os apostados. Cando todo apuntaba a unha vitoria en soidade de Sarabia, un refacho de 35 km/h. a falta de media hora para a conclusión da etapa trocaba o resultado final e repartía o trunfo entre 4 meteoludópatas.

Catro apostantes foron sinalad@s por ese derradeiro refacho de vento. Beocha, Sarabia, Víbora e Michi acadan a sua segunda vitoria nesta edición da Liga da Inverneira. Beocha colle o segundo paso do podio, superando a Xowi e presionando ó líder Verducido a un só punto. Sarabia escada ata o 8º posto da xeral e intimida a Nanuq e Juanito Caminante. Víbora cae na 12ª praza da xeral e tentará reducir o burato que o separa do Top-10. Michi chega ata o posto 18 e xa mira cara enriba.

A xeral segue a ser comandada por Verducido que mantén un punto sobre Beocha, que colle distancia (4 puntos) sobre Xowi, que baixa ata a terceira praza. Botikas sitúase 4º, con 5 puntos de retraso con Xowi e 4 de adianto sobre Julio, frouxo en Lardeira, que segue 5º. Moi preto por tras achéganse Nanuq e Juanito Caminante. Tamén Sarabia ven con folgos, forzada pola vitoria da etapa. Aki e Popolo perden comba con ela, pero a tiro de pedra de Sarabia e pechan o Top-10 nesta 20ª xornada en Lardeira.

Para acadar toda a información referente a 20ª xornada da VIII Liga da Inverneira, pica no enlace que amosamos embaixo estas letras.

Saudos e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *