Fin da montaña

Rematamos a xeira de etapas en altura con unha das que o vento é protagonista. Se engadimos a este dato a continuidade na entrada de borrascas atlánticas con chuvia de abondo e unhas temperaturas típicas de febreiro, temos a tormenta perfeta. Con todos os parámetros activados, a xornada deste domingo promete emoción, loita e pode que algún troco na clasificación. Lardeira, etapa raiña dos refachos, é parada e fonda para eltiempoentuojete.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 0 ata os 10º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 4 e os -5º C., estas de novo con oscilacións altas. A precipitación é un moi parámetro moi discutido, con valores dende ata os 11 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 13 ata os 83 km/h., sendo un parámetro moi aberto tamén.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *