Gran final en Islamabad

A capital de Pakistán, Islamabad, foi o escenario para o desenrolo da etapa que puxo o colofón tanto á Ojete’s Cup 2025 coma á 11ª tempada de competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete. A punto estivo de chafarnos ó terrible terremoto na provincia próxima de Afganistán, pero xa foi tarde e non estragou os resultados definitivos da 4ª e última rolda do torneo do un-contra-un. Non foi a chuvia, inexistente, a protagonista da xornada, senón o vento, que por fin acadou unha forza que semellaba inexistente neste confín do planeta.

A temperatura mínima acadou na madrugada os 22º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 31º C. A presencia da chuvia, presente na madrugada con 0.2 litros, non foi presaxio de nada, pois o resto do día a seca foi o predominante. O vento marcou un refacho máximo de consideración con respecto a este país de 18.7 nós, 35 km/h. redondeados.

Non houbo sorpresas con respecto á gran final, ainda que a vitoria de Botikas sobre Kaltxon tivo que levarse ata o desempate, onde un único kilómetro por hora marcou a diferenza e premia a Botikas co segundo título da tempada. Ben loitado por Kaltxon, que de entrar coma 6ª cacheira de serie puxo en apretos ó campión e deixou a marca dun aspirante a todo. Xogadores ós que estar atentos de cara á seguinte tempada.

Julio non dou tregua a Compoñente Sur na loita polo bronce. Fixo valer a súa mellor clasificación e, por suposto, unha gran traxectoria nesta tempada, con grandes vitorias e sempre clasificado entre os mellores en tódalas competicións. Compoñente Sur somentes se doblegou ante o segundo e o terceiro clasificado nesta edición. Agardamos velos ós dóus entre os mellores da Liga da Inverneira.

Bar Pequeno volveu demostrar que a primaveira e o vran son ás épocas onde se desenvolve mellor. Gañou a Breogán77, Marius e o cacheira de serie número 2, Verducido, para levar a 5ª praza final. Só perdeu co vixente vencedor, Botikas. Verducido foi sobrepasado claramente por 5 puntos e queda cun 6º posto final e mal sabor de boca.

Os dóus litros de auga foron definitivos no enfrontamento entre Beocha e Marius polo 7º posto que levou este último. Tempada irregular para Marius pero con final feliz. Todo o contrario para Beocha, con podios nas competicións e un final acerbo nesta Ojete’s Cup. Agardamos velos no Top-10 da Liga da Inverneira.

As grandes cantidades de auga pronosticadas por Sarabia traduxéronse na vitoria aplastante de Breogán77 na final B, co premio do 9º posto. Acada 3 vitorias, despois de perder na 1ª rolda con Bar Pequeno. Non se pode queixar, ainda que a súa tempada tivo altibaixos. No mesmo caso, Sarabia, ainda que non será raro atopala nos primeiros postos na competición en Galicia.

Popolo estivo derrotado por Denodeno ata que a confirmación do refacho de vento se fixo efectiva. Iso desembocou nun desempate no que o refacho de Popolo impúxose ó de Denodeno, acadando aposición 11. Os dóus moi irregulares coma case sempre, ainda que a Denodeno o calor dalle forza. Clásicos.

Rasta e Landrán xogaban por un posto 13 que non satisfacía a nengún dos dóus. Tamén eiquí a diferenza nas cantidades de auga foi o detonante da vitoria sen contemplacións de Landrán. Agardábamos máis del nesta tempada e supoñemos melloras no seu xogo na seguinte tempada. De Rasta, resignación, na busca dun doping que o leve ata o Top-10.

Se hai unha confrontación compricada de xogar e posiblemente que xere máis ansiedade nos participantes, esa é a de apañar unha vitoria alomenos e non marchar con 4 derrotas nas 4 roldas. Foi o vivido por Víbora e Xowi por evitar a vergoña. Víbora eludiu esa responsabilidade pasando por riba dun Xowi que marcha có rabo entre as pernas. A mensaxe final para os dóus: estabades entre os 16 mellores. Moit@s non estiveron entre nós. Xa deixárades a vergoña tras de vós.

E non imos esquecer ós gañadores do día, Marius e Julio con 54 puntos. Apostaron pola seca e saíulles de medo.Pena de refachos baixos, pero o trunfo foi deles.

Esta foi unha aproximación o acontecido en Islamabad, xornada final que decidiu as posicións definitivas no torneo de emparexamentos, a Ojete’s Cup. Para acadar toda a información detallada, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

En breves, tódalas novidades para a tempada 2025/26.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *