Entorno
A derradeira xornada do VII Torneo de Vran vai decidir gañador e quen entra entre os 16 mellores, o que da acceso á Ojete´s Cup. A ubicación e Iñapari, preto da Triple Fronteira, ou Bolpebra.
Iñapari ten un grande crecimento dende a inauguración da Carretera Interoceánica, que une as cidades de Sao Paulo en Brasil e Lima, en Perú. A sua economía está baseada na artesanía, pero o enlace con Brasil abriu novas variedades de comercio.
A fronteira está composta polo Puente de la Integración, que cruza o río Acre, linea divisoria con Brasil. Este río, máis o Yaverija, foron os causantes dunha grave inundación causada polas intensas precipitacións en Febreiro de 2012 que anegou o 80% da cidade e que deu lugar a un debate para o posible traslado para a reubicación do asentamento.
Localización
Datos da estación
A Estación Iñapari está ubicada a -10’57’21.2″ S de latitude e 69’34’40.8″ de lonxitude e a unha altitude de 244 metros. Situada no departamento de Madre de Dios.