Informe de opositores

Neste informe imos poñer faciana contra faciana os contrincantes da 1ª rolda da Ojete’s Cup 2022 na India. Este informe somentes contempla os antecedentes nesta competición. Temos 2 xogadores que se desfloran na campeonato do un-contra-un de eltiempoentuojete.

Landrán – Sarabia

Este ano somentes podemos ofertar os datos de Sarabia, pero Landrán ven coma cacheira de serie número 1 despois de gañar con moita suficiencia o Torneo de Vran. E semella que traballa ben en India, polo que segue a ser o rival a batir e favorito nesta quenda. Sarabia tamén coñece a vitoria nun torneo, ten un 50% de vitorias no un-contra-un e seu acerto xeral marca un 86%. Somentes gañou unha primeira rolda das 3 que desputou. Ainda tendo a peor posición, seica vai ser unha confrontación moi parella.

Punteiro – Botikas

Teñen as posicións 8 e 9 pero son dous competidores de alto nivel con trofeos nas vitrinas. Punteiro ten 3 participacións, cun 4º posto coma mellor clasificación e moitas ausencias. Ten menos do 80% de acerto xeral, pero gañou o 66% das primeiras roldas desputadas. Botikas xa ten este trofeo na balda, con 20 vitorias e 8 derrotas, máis dun 85% de acerto xeral e 5 de 7 primeiras roldas superadas. Tende cara Botikas, pero Punteiro non é manco, só lle falta o dedo furabolos.

Xowi – Lume

Lume e Xowi invertiron posición no Torneo de Vran. Lume é cacheira número 4, pero ten un baixo acerto xeral, moitas derrotas e unha vitoria de 3 na primeira quenda. Xowi é un dos 3 xogadores presentes nas 7 edicións da Ojete’s Cup. 28 etapas con 15 vitorias, máis do 81% de acerto xeral e 5 de 7 vitorias na xeira inaugural. Tumba cara Xowi, pero Lume está ben acondicionada na India.

Mina – Compoñente Sur

Mina é a 5ª cacheira de serie, con máis experiencia, un 60% de vitorias e 2 de 5 en primeiras roldas superadas. Compoñente Sur ten 3 participacións, cun 50% de vitorias e 2 de 3 nas etapas inaugurais. Ámb@s xa teñen unha medalla de bronce neste torneo.

Verducido – Bar Pequeno

Verducido é o xogador que máis veces gañou a Ojete’s Cup, con 3. 17 vitorias sobre 24, un acerto superior ó 84% e 5 de 6 primeiras roldas gañadas. Bar Pequeno somentes ten unha participación, unha vitoria e tres derrotas, pero o seu acerto xeral supera o 87% e a vitoria acadada foi contra o número 1 do 2020, Botikas. Verducido semella superior, pero a ocasión é moi similar a do ano 2020.

Kaltxon – Beocha

Kaltxon (7) ten unha soitaria participación, co 50% de vitorias e un acerto xeral do 88%. O seu handicap está en que non pasou a primeira rolda, pero semella forte en India. Beocha(10) e do grupo de xogadores que desputou tódalas etapas da Ojete’s Cup, con 18 vitorias sobre as 28 xogadas, acerto superior ó 85% e 6 de 7 vitorias na primeira rolda. Nunca gañou o torneo pero acumula 4 podios. Sería favorable a Beocha se Kaltxon non xogara mellor en India.

Popolo -Marius

Poucas participacións para este par de meteoludópatas. 2 edicións para Popolo (cacheira 3) con 7 derrotas, acerto baixo e posto 15 coma mellor competencia, vaise aferrar ó terceiro posto acadado no Torneo de Vran. Unha única participación para Marius, pero con 75% de vitorias, acerto superior ó 87% e un 5º posto xeral.

Modesto – Michi

Modesto (6) debuta na competición despois dun desempeño irregular nesta parte de Asia. Para Michi xa é a 6ª, con máis vitorias que derrotas, un acerto xeral por riba do 82%, pero somentes 1 primeira rolda superada das 6 xogadas. Ademáis, debe mellorar o acerto en chuvia se quere acadar algo neste torneo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *