Inicio da XI Liga de Primaveira en Perú

Damos conta do aviso de invitación á que é a XI edición da Liga de Primaveira para este 2025. Localizada en Perú, xogaremos durante 9 xornadas no país andino, percorrendo a Cordilleira dos Andes e a selva amazónica.

Pedimos perdón polo retraso tanto na preparación coma na presentación. Ademáis, ainda non temos tódalas etapas preparadas e temos moitos flecos soltos, pero a falta de tempo fai que somentes as 2 primeiras etapas estén preparadas a esta data. Estamos traballando para poder ofrecer a mellor experiencia de xogo e iso precisa dun tempo do que andamos escasos. Pero o principal xa está en funcionamento. Como dixemos, temos as 2 primeiras etapas dispostas, un calendario de xogo (na que constan 8 das 9 etapas seleccionadas) e as távoas preparadas. Pero falta o máis importante, a túa presenza na competición. Tí es o elemento decisivo que nos leva a seguir traballando para manter vivo o espírito de eltiempoentuojete, a porra meteorolóxica amateur única na súa especie no universo (ou máis aló). Non o dubides e xoga con nós. Presume de comunidade con identidade propia e exclusividade senlleira. Non deixes de tentar facer historia na meteoroloxía amateur. Desafía á providencia!!

Agardámoste este venres 18 de abril antes das 24:00 para apostar sobre o domingo 20 en Sibinacocha (4880 metros de altitude).

Máis información no menú principal e neste enlace picando na foto de embaixo.

E por favor, non deixes de axudarnos. Se atopas carencias de información ou calqueira tipo de erro, ou se precisas falar con nós, eltiempoentuojete@gmail.com é a noso enderezo electrónico de comunicación.

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *