A 5ª e derradeira xornada do VII Torneo de Vran en Perú Selva déixanos o empuxe final de distintos meteoludópatas para acadar os seus obxetivos. O binomio de gañadores buscaba finalidades distintas, un por riba e outro por baixo. Julio loitou con pericia para recortar a diferencia co líder, roubando 4 dos 5 puntos que precisaba. O empate dáballe o Torneo por vitorias, pero Botikas é un líder con cachola suficiente para desenvolverse nestas tesituras. Acada o seu 5º título consecutivo e comeza a dar acidez estomacal. Norabóa a Botikas polo título e a Julio pola loita final. No terceiro posto do caixón está Breogán77, que da un paso adiante entrando na Ojete’s Cup coma cabeza de serie.
Atopamos ó outro compoñente do binomio gañador na parte máis baixa da clasificación. Precisaba achegarse ó posto 16, e conseguíuno. Ademáis, a vitoria fai que gañe o desempate con Sarabia, que queda fora do Top-16, para beneficio de Bar Pequeno. Noraboa polo torneo e polo final de infarto. A primeira participación no Torneo un-contra-un e xa lle toca o demo en persoa. Quizáis salte a sorpresa…
Para acadar tódolos datos da derradeira xornada do VII Torneo de Vran en Perú Selva, pica no botón de embaixo.
Na OjeteQuake World Globe, o epicentro do maior terremoto da xornada desplazóuse fora da zona de acción das apostas. Marchou cara o sur e localizóuse nas Illas Sandwich, con magnitude 6.3 Mg. Isto fixo imposible achegarse ós 400 puntos. A vitoria, en soidade, voltou cair nas mans dun especialista en quakes fora do establecido, ainda que nesta ocasión foi por cercanía. Oscar leva a vitoria, a terceira de cinco, e comeza a ameazar a Lukas, que mantén o liderato por unha puñada de puntos. Todo moi aberto pensando que restan ainda 5 xornadas e a inestabilidade da xeral é manifesta. Recorda que esta semana descansa a xornada meteorolóxica, pero a OjeteQuake segue o seu camiño e agarda as apostas antes das 24 horas deste venres.
Se queres coñecer o sucedido na 5ª xornada da OjeteQuake 2020, preme no botón baixo estas letras.
O longo desta semana desvelaremos os detalles da Ojete’s Cup 2020, a xogar en Belice, no mar Caribe e as eliminatorias ben postas nun cadro de competición. Recorda que esta semana continúa unha xornada máis da OjeteQuake 2020. E pon a mascariña…