Berhampore é a derradeira parada nesta Ojete’s Cup 2024 en West Bengala. Decídense as posicións finais do torneo e despídese a 11ª tempada ata o comezo da 12ª datado cara o fin de septembro. Coa vista posta na gran final, na loita polo podio, o quinto posto e a final B, entre os enfrontamentos máis destacados, imos debullar a 4ª e última rolda de competición.
As temperaturas máximas oscilan entre os 30 e os 34º C. Os valores das mínimas están entre os 25 e os 26º C. As apostas en pluviosidade van dende os 0 ata os 8 litros, mentras que para o refacho de vento rexistramos cifras que van dende os 17 ata os 36 km/h.
A gran final entre Mingos e Landrán está moi moi apertada, con apostas semellantes en temperatura e chuvia, só diferenciados por 7 km/h. no refacho de vento. Decidirase neste parámetro e por moi pouquiño. Máis aberta en principio está a loita polo 3º posto entre Denodeno e Verducido, con discrepancias en tódolos parámetros ainda que o resultado final pode ser axustado.
As diferenzas entre Michi e Botikas no enfrontamento pola 5ª praza están na cantidade de auga recollida, factor decisivo do resultado. E serán detalles os que decidan o 7º posto entre Rasta e Compoñente Sur, con valores moi similares.
Na batalla pola final B e o 9º posto as discrepancias entre Punteiro e Beocha baséanse na temperatura máxima e na cantidade de chuvia. Polo posto 11 Sarabia teno feito pola incomparecencia do seu rival, Pájaro.
E moi apertado vai estar o combate entre Víbora e Julio polo posto 13, con valores semellantes en tódolos parámetros. Por evitar a vergoña, a incomparecencia de Bar Pequeno deixa camiño libre a Marius para obter unha vitoria pola que de seguro suspiraba.
Non deixes de seguir ao vivo dende este enlace a resolución deste torneo, con resultados en direto dende as 02:30 desta mesma madrugada e a partires da mañanciña do domingo ata o final da etapa.