Monzón ausente

Non tivemos chuvia nesta 3ª etapa do Torneo de Vran en Bengala desputada en Malda. Temperaturas altas tanto para as máximas como para as mínimas e un refacho de vento medio xunto coa carencia de auga volveron facer da etapa unha desfeita para moit@s e unha loita contínua para entrar no Top-16.

A temperatura mínima rexistróuse a primeira hora cun valor de 28º C. Xa no mediodía a máxima acadou os 35º C. Nin gota de chuvia en toda a xornada e un refacho que chegou a ventar a 13 nos, uns 24 km/h.

Con estes datos obtivemos dous gañadores ó unísono con 57 puntos. Tanto Sarabia coma Landrán perderon 2 puntos na temperatura máxima, mallando a chuvia e perdendo cadanseu punto no refacho. Sarabia afiánzase no Top-16, pasando da posición 11ª ata a 6ª. Landrán pasa da posición 22 ata a 19ª e o que é máis importante, de estar a 9 puntos dos 16 primeiros na xornada pasada a estar a somentes 3 da posición de Mina, a derradeira con acceso á Ojete’s Cup.

56 puntos para Botikas, que pasa de ocupar postos de descenso a entrar no Top-16 na 14ª posición. Tamén apostou pola seca e saíulle ben. Era estrano velo nesas posicións tan alonxadas do cumio.

Mingos, Punteiro e Balboa anotan 55 puntos, con Mingos na 4ª posición na persecución do podio e Balboa ben situado na 10ª praza. Punteiro ocupa a posición do gurgulla, pero a somentes 1 punto de entrar nos 16 escollidos.

E 54 puntos foron os engadidos por Xowi, Julio, Michi e Kaltxon. Destes 4 só Michi esta entre os mellores, na praza 6ª emparellado con Sarabia. Xowi atópase a 2 puntos dos 16 mellores, Julio a 9 e Kaltxon continúa a sua remontada despois de ausentarse na 1ª xornada.

Bar Pequeno segue a comandar a clasificación xeral, aumentando a 14 puntos a diferenza coa 2ª praza, ocupada por M.B. Joaquín e Compoñente Sur. 4º Mingos, 5º Rasta, Sarabia 6ª e Michi 7º a seguir por Víbora. Comparten 9ª praza Denodeno e Balboa, do mesmo xeito que Pájaro e Marius a 11ª. Un punto por tras circula Beocha e Botikas, Verducido e Mina, por esta orde pechan o Top-16. Moi preto, os lobos que buscan o tobo e Rasdgar, o único que perdeu posición no Top-16 que tentará recuperar o espazo perdido.

Para un resumo máis extenso do acontecido en Malda, nesta 3ª etapa do Torneo de Vran, pica no enlace que reseñamos baixo estas letras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *