A penúltima etapa da XI Liga de Primaveira en Perú déulle a volta á clasificación xeral. O contraste das apostas en auga, xunto a unha inesperada xornada seca, revolucionou de tal forma a orde a distribución das posicións que vai ser imposible (ou case) para @s dagnificad@s recuperar unha xerarquía que quedou nas mans xogadores persecutores, que, en moitos casos, apenas contaban como aspirantes a falta de somentes dúas citas.
A temperatura mínima baixou na madrugada ata os 21º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 29º C., agardada tamén por moit@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 2.3 m/s, 8 km/h. miserentos pero normais para zonas selváticas desta latitude.
Por 2ª semana consecutiva repite a gañadora, vella coñecida do grupo de vacas sagradas de eltiempoentuojete. Mina, con 58 puntos, volveu marcar diferenzas cun marcador ó que pouc@s se achegaron. Mallou temperatura máxima e refacho, perdendo cadanseu punto no resto de parámetros. Pena que veña dende moi abaixo da táboa, con estes resultados estaría optando a título. Ascende ata a posición 14 e ainda soña con acadar o Top-10.
Pero para subida impresionante a de Denodeno, con 56 puntos e que ascende dende a 8ª praza ata a 2ª. Deixa de ser cabaza de inverneira a dama de honra na primaveira e no vran. E esta vai ser a súa grande oportunidade de gañar un título, somentes dous puntos por baixo do líder a falta dunha única xornada. Sería a badalada histórica que lle daría o recoñecemento a un dos seus designios, “Eu non vou cambiar, que cambie o clima…”.
Unha máxima que tamén podería ser de Bar Pequeno se no se perdese unha etapa. Os seus 54 puntos estarían no que se coñecería coma “primaveira miúda“, o levantamento dos desafiuzados. Con esa etapa desperdiciada de seguro ocuparía o Top-10 da xeral. A realidade, posición 22 ainda que con gañas de rematar cunha alegría.
Outro membro desa primaveira miúda é Rasta, con 53 puntos, que sucede a Bar Pequeno na xeral no 23º posto. Unha etapa perdida pode significar o esquecemento e de seguro que moitos remordimentos.
Sen embargo atopamos con 50 puntos a Rasdgar, que froito desta puntuación acada o Top-10 e a posibilidade de mellora na derradeira cita. Outro dos que optou pola chuvia cativa e obtivo recompensa. E ainda pode soñar…
49 puntos para Magor, que ó fin asomou a cacheira. Nunca é tarde para buscar un obxectivo. Pasa do 16º ata o 13º posto e terá a oportunidade de ingresar nun Top-10 que semella compricado ainda que non imposible. Os campión deben dar a faciana sempre.
E 46 puntos para Breogán77 que se encarama ata a 3ª posición, a 3 puntos do líder e que tamén podería dar a sorpresa na cita final. Agochado na 5ª praza, trepa no momento definitivo para multiplicar as súas opcións.
Estes foron os 7 mellores marcadores en Güeppí. Remarcar o liderato de Julio, que marcou 44 puntos o domingo para ser o máximo aspirante ó título de primaveira. Os antigos líderes, Beocha e Verducido, ocupan 4ª e 5ª praza. e o antiguo 4º clasificado, Botikas, ocupa agora a 5ª praza. Os 3 lonxe de recuperar o perdido, ainda que os miragres suceden.
Para acadar tódolos datos recollidos na 8ª etapa pica no enlace baixo este texto.