Dúas etapas restan para o remate da competición de primaveira e Güeppí é a que toca nesta semana. Lugar selvático onde pode non chover tanto coma cair 27 litros nunha hora como foi este xoves. A compricación da predicción pode apreciarse nas apostas, sobre todonas de chuvia.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 27 ata os 30º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 21 e os 23º C., moi pechadas tamén. As precipitacións móvense nun rango de moita amplitude de entre 1 e 29 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 6 ata os 23 km/h.
Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Güeppí, a estación máis ó norte do país.
As apostas:

