Na busca da sorpresa

Ainda que Fontecada non rexistrou chuvia, os movementos non se detiveron e poidemos comprobar que calqueira xornada é susceptible de acadar un ascenso ou un descenso nas aspiracións. A falta de tres etapas para o remate da competición, poucas cousas temos claras con respecto o resultado final.

A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 3º C., ainda que o resultado amosado non foi o real dado que a nova web de Meteogalicia ainda non rexistrou a estas horas o resultado oficial, amosando os datos do 2 de xaneiro. O que presentamos é o das 23:20 horas, con 3,13º C., cando o definitivo foi de 2.73º C. Non cambia nada para nós. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 10º C., na media da maioría dos pronósticos. O baleiro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 60 km/h. que deixou tesos a gran cantidade de apostantes.

Con estes datos coronamos a Rasdgar e Julio con 59 puntazos. Rasdgar quedou a un só punto do pleno na temperatura mínima, do mesmo xeito que Julio no vento. Para Rasdgar é a súa 2ª vitoria oficial, as dúas nesta edición e sube ata o 12º posto, ainda con opcións de Top-10. Para Julio significa o seu 4º trunfo da presente Liga subindo ó 5º posto tras o retraso de Popolo, 3º antes de Fontecada.

E 58 puntos para Landrán e Botikas, dentro do Top-10. Landrán afianza a 9ª praza e ameaza a Sarabia na 8ª. Botikas segue na persecución da lideresa Magor e esta semana resta un punto, deixando a diferenza en 7 puntos que lle dan folgos para continuar na presión.

Ata 5 meteoludópatas comparten a 3ª mellor posición en Fontecada con 57 puntos. Magor segue a distribuir a vantaxe co Botikas, xa único contrincante posible e con 7 puntos de marxe xa devece por chegar ó Monte Xesteiras e abrir a gaseosa de litro. Breogán77 circula por terra de ninguén co Top-20 case asegurado, pero con 10 puntos ata o seguinte xogador. Beocha e Mina foron beneficiadas polo pouco senso de Popolo e subiron cadansúa praza, ata a 3ª e 4ª respectivamente, con pouca marxe entre elas, o que augura unha dura loita entre donas, sen esquecer a Julio e Popolo, que lles pisan os calcañares. E Compoñente Sur que segue na llama despois de gañar a posición 14 e postularse no grupo que busca o Top-10 nunha loita máis que pechada e que promete emoción ata o derradeiro minuto da competición.

Estes foron os 9 mellores marcadores da 23ª etapa desputada en Fontecada. Para acadar tódolos detalles desta xornada, preme no botón que presentamos baixo este texto. E non esquezas que o Entroido terá o seu día grande este domingo en Xinzo da Limia. Coida da túa vexiga!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *