Nova xornada da Liga de Primaveira en Perú e seguimos a máis de 4000 metros de altitude e de novo nunha lagoa, desta vez na de Vilacota, por iso o de pantano natural. As temperaturas semella que poden batir records despois dunha madrugada de venres cunha mínima de -10º C. Seica a chuvia vai ser pouca ou nula, de acordo coas prediccións dos apostantes e tamén parece que o vento vai ser cativo. Aprécianse grande variedade nas apostas.
As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 7 ata os 13º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 19º C., que non semella acorde cos máis de 4000 metros da estación. Os valores para as mínimas oscilan entre -7 e os 1º C., tamén cunha aposta soicida de 7º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 2 litros, con maioría de baleiro no pluviómetro, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 64 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe é amplo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Vilacota, a máis ó norte dun conxunto de estacións ó suroeste da cidade de La Paz (Bolivia), no leste da área sur do país.
As apostas:

