Etapa inaugural na Lagoa de Sibinacocha e primeira labazada hídrica neste glaciar andino. Na madrugada caeu pouco máis de medio litro que semellaba que a gran maioría dos apostantes que escolleron 1 litro coma opción non andaban errados. Na seguiente hora rexistráronse 6.5 litros, augurando que seica a aposta soicida non iba mal encamiñada. Pero así remataba o conto da chuvia. Pero ainda restaban os puntos da temperatura e do refacho de vento…
A temperatura mínima chegou na madrugada ata o -1º C., un valor que marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 5º C., agardada somentes por 2 meteoludópatas. Os 7 litros de chuvia non estiveron nin preto do apostado e o vento marcou un refacho máximo de 5,1 m/s, 18 km/h. unha marca que axudou a definir os vencedores do día.
E foron dous. Rasdgar e Landrán acadaron os 53 puntos, que non semella moito pero que valen unha vitoria compartida. Rasdgar andivo fino nas temperaturas e no vento e deixando 5 puntos na chuvia. Máis atinado na auga estivo Landrán, que tivo perda equitativa nos seus parámetros. Vitoria e liderato na etapa a maior altitude nunca xogada en eltiempoentuojete, superando á Villa Imperial de Potosí, aló polo 2014. Xa estades na historia…
52 puntos para Michi e Breogán77 con apostas semellantes, do mesmo xeito que os resultados. Ocupan a 3ª praza compartida na xeral e apuntan alto nesta edición primaveral.
4 participantes con 51 puntos, na 3ª mellor puntuación da xornada de Sibinacocha. Botikas, Lukas, Xowi e Sarabia son vellos coñecidos e non estrana atopalos entre os mellores. A experiencia é un punto a favor.
E 3 grandes competidores nat@s con 50 puntos pechando o 11 de magníficos nesta 1ª etapa. Lume, Julio e Beocha. Levan tempo tentando gañar unha das 4 grandes competicións de eltiempoentuojete e sitúanse preto da cacheira na procura do éxito.
Estes son os 11 primeiros nesta etapa inaugural da Liga de Primaveira no Perú. Se non estás entre eles e queres saber cómo te foi e onde estás situado na xeral, preme no enlace que ofertamos baixo este texto para acadar toda a información recollida.