Penúltima xornada a desputar en A Granxa, no concello de Ponteareas e semella que o anticiclón vai deixar para o derradeiro día as oportunidades postreiras. Pero ainda que non agardamos chuvia nin apenas vento, as temperaturas xogarán un papel importante na definición da etapa. Amais do que se xoga na clasificación xeral, estamos ante unha das derradeiras ocasións de sumar unha vitoria, aliciente de importancia tanto para ter vantaxe nos desempates coma para aumentar esa conta histórica. Sempre hai unha razón para ter vontade.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 10 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 7º C., tamén con grande amplitude. As precipitacións están ausentes salvo nun marcador, cuns arriscados 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 37 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e a carencia de precipitacións. Non semella doado augurar un vencedor e menos en soidade, pero cousas máis compricadas sucederon. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.
As apostas:

