Saudos, meteoludópatas…
Disputada a 1ª xornada en Corrubedo, xa temos os primeiros datos.
Antes de nada, pedir desculpas polos erros cometidos na configuración da web. Sabede que estamos traballando para mellorar.
A tardanza na publicación dos datos debeuse a un retraso de Meteogalicia que a punto estivo de cancelar a xornada. Pero Meteogalicia non é desas que te deixan tirado. Os datos chegaron e agardamos que os datos ao vivo poideran achegar algo do que sucedeu na tarde do domingo.
O acontecido foi o típico en Corrubedo, ainda que nas anteriores edicións apenas choveu. Neste caso a chuvia cubriu o día e foi deixando piolla leve no contador de pluviosidade.
Temos unha vitoria conpartillada entre dous dos expoñentes da segunda liña de eltiempoentuojete. E por tras, os grandes nomes das Ligas meteorolóxicas. Non sendo os gurús da auga, que apostaron sen medo e crearon unha alarma social no concello de Riveira, as apostas en pluviosidade estiveron moi preto dos valores recollidos por Meteogalicia.
Salientar a Aki, dos mellores novatos do ano e a Julio, morrón único nesta tempada e cunha puntuación que o converte en promesa. O campión das derradeiras edicións e algún dos “sempre-podio” sitúanse por baixo, pero as diferenzas son mínimas neste inicio de competición.
Se queres coñecer tódolos detalles da primeira xornada da VI Liga da Inverneira en Galicia, pasa por este enlace onde se aloxan os resultados.