O derradeiro cumio xeado

A 21ª etapa da Liga da Inverneira foi o cumio final da xeira celebrada nas montañas galegas do oriente do país, situadas nas provincias de Ourense e Lugo. Despóis deste percorrido polas cotas superiores a 900 metros, vai sendo hora de voltar as xornadas de chan. Pero Lardeira deixa moito que contar, con chuvia, vento e temperaturas baixas que deixan pegada na xeral, algunhas que semellan definitivas e outras que se fan ainda máis impredecibeis. Unha é o dominio absoluto de Kaltxon no liderato e a outra a incertidume por ver cómo remata esa loita sen cuartel polo Top-10, onde semella que ainda quedan 2 prazas en desputa. Carballeda de Valdeorras vivíu unha xornada de emoción ata o derradeiro minuto.

A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con -3º C. que xa subiría ata os 2º, con dificultade, xa entrada a derradeira hora. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente o principio e bategando despóis e acadou un resultado de 4 litros. O vento marcou un refacho máximo de 83 km/h., preto do que apostaba a elite da xeral.

O refacho e unha inesperada subida da temperatura deulle a razón, a vitoria e practicamente a Liga a Kaltxon. 58 puntos cunhas marcas incontestables que lle serve en bandexa a vitoria final a falta de 6 xornadas. 6 vitorias nesta edición fala ás claras da calidade do animal. Semella que ata o final vai ser un paseo cara o Olimpo meteorolóxico amateur. 23 puntos de vantaxe sobre Beocha resulta unha diferenza inalcanzable, tendo en conta a traxectoria e o que resta para o final. Pero, poderá concretalo?

56 puntos para Verducido que o colocan a pé de podio despóis de recortasr distancias con Botikas e Julio, os tres agora nunha diferenza de 3 puntos, o que vaticina unha dura loita polo 3º chanzo da xeral. Outros tantos puntos para Lume, que se mete de cheo nesa loita polo Top-10, no 11º posto compartido con Rasta e Rasdgar, ainda que sen vitorias para o desempate. Moito que falar ainda nestas 2 zonas da clasificación.

55 puntos para Marius, que atosiga a un Landrán que semella recuperou folgos, ainda que sen alento por defender unha 6ª praza que vai ter batalla ata o derradeiro instante, vendo quén son os dous participantes en liza.

Landrán está no grupo dos 54 puntos, defendendo cos dentes unha praza que agora lle parece pequena para o lugar que ocupou peroque é o cravo candente ó que se ten que aferrar. Beocha ve como Kaltxon está intratable e, ainda que non deixará de loitar, observa co rabiño do ollo como por tras váise abrido oco e respira de alivio. Mina semella mordeu o Top-10 e non o quere soltar, trepando ata o 8º posto e poñendo terra de por medio cos seus persecutores.

Julio aférrase á loita polo podio sumando 53 puntos, atopándose entre dúas bestas da predicción amateur coma Botikas e Verducido. Son tres lobos famentos e Julio vai ter que suplir a desvantaxe da experiencia con coraxe para dar unha puñada na mesa.

Nonsendo o liderato, os marcadores dos involucrados nas loitas polo Top-10, o podio e diversas zonas medias como o 6º posto, están cada vez máis parellos, o que augura emoción ata o final no monte Xesteiras. As augas termais non van apaciguar a quentura dos que “andan na llama“.

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, na cima de Lardeira. Para acadar tódolos datos recollidos na 21ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *