O ecuador da competición

A Liga da Inverneira de eltiempoentuojete chega á metade da competición, dando por rematado o outono en Ventosa, concello de Navia de Suarna. Para ser unha etapa sobre seco e acadar altas puntuacións, a clasificación xeral remexéuse a conciencia. A temperatura máxima chegou ata os 11º C. no mediodía, mentras a mínima mantívose en 4º C. ata o fin da etapa, cando a falta de 10 minutos para o remate picou cara abaixo, deixando o valor final en 3º C. A chuvia estivo ausente mentras o vento marcou o seu máximo na madrugada do domingo, 30 km/h.

Con estes valores voltamos ter unha gañadora en soidade. Sarabia fixo 59 puntazos, quedando a somentes 3 km/h. dun pleno. Cravou o resto de parámetros para acadar a sua primeira vitoria nesta edición da Liga de Galicia.

Xowi, Ocandepavlov e Rasta76 acumularon 58 puntos, cada un no seu estrato da xeral.

E ata 8 competidores sumaron 57 puntos. Beocha, Botikas e Popolo transitan entre os mellores, afianzándose no Top-10. Julio, Punteiro e Compoñente Sur andan ensilados entre o posto 10 e o 20. Iru e Belenchis navegan no cabo da táboa, semella que remontando.

Na derradeira xornada do outono aproveitou Xowi para roubarlle o título de Mariscal de Outono a Juanito Caminante, que segue a perder puntos cando o ceo está despexado. Semellaba poder conservar o liderato en Ventosa, pero unha etapa mediocre máis unha gran xornada de Xowi relegóuno á segunda praza. Beocha non defraudou e mantén a terceira praza a 4 puntos do líder e a 3 do segundo posto. Botikas supera a Verducido e Nanuq na 4ª praza, que os deixa en 5º e 6º lugar. Popolo continúa apertando e xa está na 7º praza. Aki está na 8ª escada, empatado con Sarabia, a vencedora en Ventosa. O Top-10 ven culminado por Modesto a 16 puntos do liderato.

Para acadar toda a información do acontecido na 13ª etapa, en Ventosa, pica no enlace embaixo exposto.

  • Cara mediados da semana publicaremos as estadísticas relativas á primeira metade da competición meteorolóxica.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *