O ecuador do trópico

Despútase esta fin de semana a 5ª etapa da XI Liga de Primaveira no Perú, o que significa que é a xornada que divide a competición tropical en dúas metades e xa poderemos ver quén está en disposición de obter a vitoria e quén xa non ten tantas oportunidades. Ou quizáis non, de acordo ó apertado da clasificación xeral. O nome da etapa, esperanzador, El Porvenir.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 28 ata os 33º C.  cunha aposta á baixa de 20º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 18 e os 26º C., máis amplas e cunha aposta por baixo dos 10º C., de 6º C. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 8 litros, cunha aposta sospeitosa da raíña da chuvia, Magor, de 14 litros. Mentras, os refachos de vento van dende os 5 ata os 28 km/h.

O resultado, a partires da amplitude observada en case tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) El Porvenir, ó sur da cidade de Tarapoto, na área norte do país.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *