O xuízo final

Derradeira xornada da tempada 2024/25 de eltiempoentuojete. Este domingo decidiráse a última competición, a Ojete’s Cup en Pakistán. E, sacando algúns enfrontamentos onde os competidores non se puxeron de acordo, as apostas son moi semellantes, polo que agardamos unha grande rivalidade por achegarse ó mellor que se pode mellorar nestaxornada final.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 28 ata os 34º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 22 e os 25º C., estas cunha pequena oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 10 ata os 31 km/h.

As diferenzas no enfrontamento pola vitoria final entre Botikas e Kaltxon son insignificantes. Semella que será apenas un punto o que os separe. Incluso no caso de empate, os refachos son moi semellantes.

O mesmo caso pola medalla de bronce, con Compoñente Sur e Julio separados pola aposta en chuvia.

Máis contraste atopamos pola loita polo 5º posto, con variedade nas apostas de Bar Pequeno e Verducido.

Pouca disparidade tamén nas cifras de Beocha e Marius pola 7ª praza.

Na final B sí atopamos incompatibilidade entre Sarabia e Breogán77, sobre todo na aposta sobre chuvia.

No enfrontamento entre Denodeno e Popolo as diferenzas están na chuvia, co resto de parámetros moi similares.

No mesmo caso atopamos a loita pola praza 13 entre Landrán e Rasta.

E tamén a auga será xuíz e verdugo na batalla por evitar a vergoña entre Víbora e Xowi.

Semella compricado de predicir vencedores con estas variadas diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *