Seica a etapa de Fornelos deixa división de opinións en moitos aspectos, polo que todo semella indicar que imos ter unha dura loita e posibilidade de trocos na xeral. Xa dixemos que estaba moi remexida a cousa neste tramo final de Liga,e, non sendo para Magor, o resto de participantes anda na procura de mellora ainda que sexa arriscando a súa posición actual. De perdidos ó regato…
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 10 ata os 16º C. cun pico de 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 9º C. As precipitacións son unha incógnita, con valores dende 0 ata os 10 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 51 km/h.
Variable amplitude nos parámetros de predicción de temperatura e grande para vento e chuvia, polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co desafío de coronar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Fornelos nunca foi unha praza doada!!
As apostas:

