3ª xornada

Pebas

Entorno

Pebas é o destino preparado para a 3ª xornada da Liga de Vran en Perú Selva. Ainda na rexión de Loreto, na provincia de Mariscal Ramón Castilla. Conta con 2000 habitantes aproximadamente.

O distrito de Pebas está composto por 56 comunidades, a gran maioría nas marxes do gran río Amazonas. Eiquí habitan media ducia de etnias nativas. O catolicismo está moi presente, ainda que tamén a relixión xudea chegou con forza a partires dos anos 90.

As principais actividades económicas da zona están baseadas na agricultura, a caza e a pesca e, como non, a industria madeireira que exprime a selva amazónica. Nos derradeiros tempos estase a buscar  melloras na recepción de turistas.

Localización

Datos da estación

A Estación Pebas está ubicada a 3’18’52.3″ S de latitude e 171’51’27.2″ W de lonxitude e a unha altitude de 106 metros. Situada no departamento de Loreto.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 12 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 10 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.