Segunda xornada da Liga de Inverneira que desta vez toca territorio lucense para achegarse ó concello de Viveiro, no noroeste da provincia. Semella en Penedo do Galo que imos ter unha situación semellante á da primeira etapa, collendo o fin dunha profunda borrasca que está a deixar tempo de verdadeiro outono en todo o noso país. Seica todo isto vai poñer en valor unha etapa moi emocionante cun final pouco doado de vislumbrar.
As temperaturas máximas van dende os 15 ata os 20º C. Polo que atinxe ás mínimas, recibimos valores entre os 9 e os 16º C., moita amplitude neste parámetro. As cantidades de chuvia pronosticadas tamén varían moito, dende 1 ata 15 litros, cunha aposta fora deste rango de 38 litros. Polo que respecta ós refachos de vento, as apostas están entre os 19 e os 94 km/h. Eiquí sí que as diferenzas son sobresaintes…
Todas estas diferenzas de apreciación auguran unha xornada de obrigatorio seguimento, que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta madrugada e na mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o final da mesma. Quen será o galo que non propece neste penedo?