Pouco agardada

A etapa de Izena, 2ª da XII Liga de Primaveira, volveu deixar en evidencia á congregación de eltiempoentuojete. Non polas temperaturas nin polo refacho, onde a gran maioría puntuou alto abondo, senón no parámetro de chuvia. Moit@s incluso repetiron a aposta cara a seca da primeira xornada. Erro maiúsculo. Preto das 07:00 horas comezou a chover. Non parou ata 4 horas despóis, cara as 11:00 da mañanciña (hora de Xapón). Recolléronse 19 litros nese intervalo, suficiente para deixar en evidencia o grupo de meteoludópatas amateur.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada, cando comezou a chuvia, con 18º C. A máxima subiría ata os 23º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e subiu ata os 19 litros, caidos todos eles nun intervalo de tempo de 4 horas. O vento marcou un refacho máximo de 30 km/h., na media do que apostaba a maioría da xeral.

E foi eiquí onde rexurdíu a lenda de Magor, acadando a vitoria en soidade con 44 puntos. Tiña a aposta de auga máis elevada de tódol@s competidores e foi decisiva para o trunfo. Perdeu 3 puntos nas temperaturas, 1 no refacho e sumou 8 puntos, máis que ninguén, na pluviosidade. Como beneficio engadido, o liderato da clasificación xeral.

Outro ilustre da predicción pluviométrica que acadou algún punto en Izena foi Kaltxon, que sumando 6 puntos na chuvia acadou un total de 43 puntos, que lle valeu para sair do pozo e entrar de forma direta no Top-10 e volver optar a título. 7º posto da xeral a 8 puntos da lideresa.

Rasta e Rasdgar completan o grupo que pudo sumar os 40 puntos nesta segunda xornada. Viñan do fondo da clasificación e agora Rasta é Top-10 e Rasdgar atópase na posición 13, moi preto deste top.

Con 39 puntos atopamos a un trío que mantén o seu lugar no Top-10. Verducido segue no último chanzo do podio, preto da cacheira. Compoñente Sur na 5ª praza a 6 do liderato e Botikas xusto tras del na 6ª. Seguen optando a todo.

E ata 8 xogadores sumaron 38 puntos. Beocha na 2ª praza, Breogán77 na 4ª, Víbora na 8ª, Modesto na 10ª, Lume na 11ª, Xowi na 12ª, Enrico Ferni na 15ª e Mina na 17ª posición.

Semella que Okinawa gosta da chuvia en abundancia en periodos cortos de tempo, polo que a clasificación xeral pode mudar moito en cada xornada. Seica o gañador final non vai ser un heróe, máis ben un supervivente. Iso sí, o mellor supervivente.

Estas foron as 15 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Izena. Para acadar tódolos datos recollidos na 2ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *