Pouco novo baixo o sol

O dito. Xornada de transición nunha ubicación que noutros anos habería de ser crucial para o desenrolo da Liga. Poucas diferenzas tanto na etapa coma na xeral, ainda que pequenas non deixan de ser importantes para o resultado final. Todo traballou como era de agardar, agás na temperatura mínima, onde se rexistrou o dato que tumbou a maioría de apostas, por baixo de 0º. As previsións foron de baixa temperatura, pero Fontecada superou as expectativas nun lugar onde non é doado acadar esa friaxe.

A temperatura mínima acadóuse no abrente do día con -1º C., e xa preto do redondeo para os -2. A máxima subiría ata os 12º, con dificultade, xa pasado o almorzo, dando a razón á maioría de apostantes. A presenza da chuvia era puco probable e quedou nos 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 49 km/h., na media do que apostaba a elite da xeral.

Despóis dos cálculos atopamos coma vencedores a Botikas e Verducido con 56 puntos. Os máximos trunfadores da Liga da Inverneira semella que van volver quedar sen o trofeo. Teñen unha loita interna onde Verducido fóise achegando pero sen coller o 3º posto dun Botikas que vive a mesma situación con Beocha pola 2ª praza. Esta semana restóulle un punto máis, quedando a 3 do segundo chanzo da xeral. Veremos que acontece nas 3 xornadas que restan para o remate.

Entre os 5 participantes que acadaron 55 puntos atopamos a Beocha na 2ª praza que restou un punto co líder e perdeu outro cos seus persecutores. Semella improbable coller a Kaltxon e terá que defender a súa praza de podio, polo que loita Julio para revertir a situación que o sacou desa praza destacada. A 5 puntos de Verducido e a 8 do podio que posee Botikas, non se agarda que desista e tentará collelos antes do final. Ainda que ten un inimigo por tras en Marius, cunha traxectoria impresionante nesta segunda parte da Liga e que busca recoñecemento cunha mellor praza na xeral. Rasdgar segue a pelexar por entrar no Top-10 dende a posición 11, que ten a 6 puntos e con marxe de mellora. Víbora semella que perdeu as esperanzas dese Top pero continúa traballando para ascender do posto 18 que de seguro non o convence.

Con 54 puntos atopamos algúns involucrados entre os 20 mellores na procura de ascenso. Cris, Breogán77 e Popolo forman parte deles, sen esquecer a Lume que ten que defender a derradeira praza do Top-10. Kaltxon non faltou a súa cita neste resumo e camiña desafogado cara o seu primeiro título da Inverneira. Enrico Ferni segue a reivindicar a súa valía e buscará unha nova vitoria para aumentar a súa bagaxe nesta súa primeira comparecencia.

Estes foron os 13 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, no lugar de Fontecada. Para acadar tódolos datos recollidos na 24ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *