Benvidos de novo, meus queridos compañeiros iluminati da prestidixitación meteorolóxica, alégrame e éncheme de orgullo e satisfacción presentarvos esta nova singladura deste noso grupo de meteoludópatas que vai en procura dunhas máis altas latitudes, xa que esta vez imos tocar a Canadá, esa terra chamada “Terra dos mil lagos”, realmente ten máis de dous millóns, pensade que Ontario posúe un tercio de tódala auga doce do mundo, ahí é nada, os de Aquagest estarían dando palmas coas forellas, todo reminiscencia da época Glaciar que cubríu a zona por aqueles tempos. Lembrade que Canadá ten un inverno que dura uns 5 meses, xa sabedes, se vos gustan as cañas de terraceo, mal sitio para ir de vara. Inda que predomine o inverno, acádanse os -40 (unha rebequiña nunca ven mal), no verán chegaron ata 37,8 graos de máxima, polo tanto o do terraceo temos que exprimilo o máximo, e se estades a mediados de xullo por Alberta non deixedes de visitar a Feira da Estampida, que é coma a nosa Semana Verde de Silleda pero en canadiense e ao bestia.
Canadá ten fama de cosmopolita, e a súa xente que é amizosa, puntual e modesta, coa que estivemos seica 25 minutos técnicamente en guerra por mor do Hipoglossus hipoglossus, despectivamente chamado Fletán Negro que, por certo , non hai quen coma ese peixe (apreciación persoal).
Coma antigos enemigos pola rapiña peláxica , é un sitio para entrarlle con ganas e a fondo, así que agoreros da temperatura, infaustos da pluviosidade e casquiváns do refacho: